Aparece sen vida o corpo da moza desaparecida en Bértoa
20:27 16/05/22
Tras dous días de busca, as forzas de seguridade atopaban o cadáver de Galia Baba, a moza de 24 anos que desaparecía esta fin de semana en Bértoa, Carballo.
Axentes da Garda Civil, Protección Civil e Policía Local levaban dous días buscando coa axuda dos drons de AXEGA e de varias unidades caninas do país.
Foron uns particulares que participaban na busca os que atoparon o corpo a 1 km do seu domicilio.
Á espera do informe do forense, en principio "non se aprecian signos da intervención de terceiras persoas no se falecemento", segundo avanza a Garda Civil.