Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A aposta municipal de Carballo polo muralismo, exemplo no Foro internacional CM Málaga

Derrubando Muros Carballo.-malaga_2
A aposta municipal de Carballo polo muralismo, exemplo no Foro internacional CM Málaga
Aínda coa resaca da edición do Rexenera Fest, e sen tempo a dixerir as case 100 obras de arte que locen no museo a ceo aberto de Carballo, a técnica de Turismo, Maite Parga, desprazouse esta semana a Málaga para participar nunha xornada profesional sobre “A arte urbana como elemento transformador do espazo público”

Profesionais do sector da cultura e dos museos, empresas tecnolóxicas, institucións e universidades pforman parte deste foro CM Málaga: Culture and Museums International Tech Forum. E alí está o Concello de Carballo para presentar ao mundo os proxectos de arte urbana.
Xunto con Natalia Pérez, directora creativa de Street Art Málaga,  o artista urbano Mutante Creativo, e o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, ademais de vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, explicaron por que Carballo é referente estatal en materia de transformación do espazo urbano.

MALAGA REGUEIRA
Regueira en Málaga

Na xornada do martes, Regueira, fixo un percorrido pola evolución dos “museos a ceo aberto” resultantes de iniciativas como o Rexenera Fest de Carballo. O concelleiro quixo poñer en valor a "linguaxe e de prácticas artísticas contemporáneas que xeran identidade, que conforman a memoria colectiva da veciñanza e que crean un sentimento de identificación en torno a estas pezas”.

“Estas intervencións artísticas rompen as barreiras dos contedores culturais” afirmou, “porque non poucas veces, sen pretendelo, os contedores culturais tradicionais crean barreiras físicas e mentais que no caso dos museos a ceo aberto non existen, polo que tamén estamos falando dun acceso moito máis democrático á cultura”.

En calquera caso, avisou. “Estamos falando de pezas de arte efímera, destinadas a desaparecer no tempo por diversas casuísticas, polo que estamos apostando polo rexistro dixital entendido como una forma de salvar a identidade construída sobre o efímero”. Concretamente explicou o caso de tres murais xa desaparecidos: un por ter sido “actualizado” por parte do propio autor nunha nova parede, tras derrubarse a orixinal; o segundo por unha reforma do edificio, e o terceiro tras degradarse polas condicións meteorolóxicas (pintouse unha nova obra no mesmo espazo este ano).

Mentres, os artistas de Mutante Creativo, Mou e Sokram, están realizando no centro social Félix Ariza. Un mural que achega á cidade malagueña unha interpretación contemporánea da tradición megalítica da Costa da Morte.

Mural Sokram Megalitismo en Malaga

Comentarios