As árbores agroman no xardín do Fogar
Fermosa celebración do Día da Árbore da familia de Senda Nova no CEIP Fogar de Carballo. Dentro do seu programa de plantación de árbores autóctonas "Carballo con botas", o centro vénn traballado arreo na plantación de landras dentro das instalacións das súas propias instalacións. As nenas e nenos, impulsados polo profesorado foron quen de conseguir centos de carballos que brotan ledos recen comezada a primavera. Estes carballos, van necesitando espazo antes do seu destino definitivo toda vez que nas pequenas macetas onde naceron apenas teñen marxe de crecemento.
Pero para chegar ao obxectivo de repoboar un espazo como bosque autóctono, estes exemplares medraron nas instalacións do Espazo de natureza de Oza, a través do programa de Senda Nova "Espías do Bosque" (financiado pola Deputación da Coruña.

O acto de recollida dos carballos estivo acompañado dun obradoiro onde se ensinou aos rapaces e rapazas de primeiro ciclo de primaria, como se realiza unha plantación dunha árbore autóctona un ano maiores que os que eles mesmos acaban de dar vida. Precisamente este será o proceso que se realice cos seus propios carballos cando pasen ao destino definitivo.
O obradoiro estivo acompañado dos contidos indispensables para saber da importancia destas árbores e os propios hábitat de bosque autóctono para a vida dos animais do noso bosque. Deste xeito, toda a rapazada de primeiro ciclo do CEIP FOGAR recibiu dúas guías para saír ao bosque: unha delas para o seguimento das pegadas dos principais mamíferos autóctonos e outra para a mellor identificación das árbores autóctonas.

Primavera en Ruta
O próximo día 11 de abril ás 12h. , o Espazo da Natureza de Oza acollerá a presentación da edición número 17 da PRIMAVERA EN RUTA, o programa máis antigos de cantos se propoñen na asociación.