Luns. 06.05.2024
El tiempo

A ARMH continúa a procura das vítimas de Bértoa excavando o cemiterio parroquial

Vitimas de Bertoa
A ARMH continúa a procura das vítimas de Bértoa excavando o cemiterio parroquial

Xa estiveron no Espiral Maior Foro, e continúan a súa busca das vítimas de Bértoa, precisamente no centro social da parroquia carballesa. A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) pretende facer pertícipe á veciñanza de Bértoa no proceso de investigación e prospección que está previsto realizar no cemiterio parroquial de Bértoa para recuperar os restos de catro persoas represealiadas pola ditadura franquista.

Coa finalidade de resolver todas as dúbidas que poidan presentarse, o sábado 25 de febreiro, ás 11.30 horas, celebrarase no centro social de Bértoa un encontro aberto a toda a veciñanza.

Co título As vítimas de Queo de Arriba e soterradas no cemiterio de Bértoa: o traballo de investigación e prospección, a voceira da ARMH, Carmen García-Rodeja, ofrecerá todos os detalles sobre o proceso en marcha.

A entidade investiga, a instancia dunha familia, o caso de “caso de catro veciños da Coruña que foron secuestrados e asasinados. Os corpos con feridas de bala apareceron o día 29 de setembro de 1936 no Campo de Morgade, en Queo de Arriba, e foron soterrados no cemiterio de Bértoa”. Esas catro persoas eran Juan Boedo Pardo, un gasista de 28 anos; Andrés Pinilla Fraga, conserxe do Colexio de Notarios da Coruña, de 52 anos; Pedro Pinilla Calvete, mecánico de 21 anos, e Francisco Miguel Fernández Díaz, pintor, ilustrador e crítico de arte.

Novas relacionadas

Comentarios