Martes. 29.09.2020
El tiempo

Arnados-Razo terá un novo paseo marítimo e novas áreas de aparcamento

O novo Paseo marítimo Razo-Arnados cambiará a fisionomía da zona
O novo Paseo marítimo Razo-Arnados cambiará a fisionomía da zona
Arnados-Razo terá un novo paseo marítimo e novas áreas de aparcamento

A zona de Arnados-Razo cambiará a faciana. O pasado venres foi presentado aos grupos municipais o Plan especial de protección, infraestruturas e dotación. Un plan que inclúe un paseo marítimo, novas áreas de aparcamento, solo para equipamentos e máis zonas verdes, Ademais, a proposta inicial establece unha ampla área de rexeneración e unha nova organización viaria tanto para o tráfico rodado coma para usos peonil e ciclista.

Todo, nunha área de 312.811 metros cadrados, entre o núcleo de Razo da Costa e o monte Peados. E son 3 as actuacións principais:
Por unha banda, na zona de dunas e cantís, trátase de recuperar esa riqueza natural (pendente dun proxecto de Costas).
Na segunda área, que está totalmente degradada será preciso acometer a “renaturalización”, mesmo eliminando unha construción existente.
E na terceira dese ámbito de rexeneración, que é a máis ampla, a proposta é o mantemento dos usos actuais.

Seguramente a obra máis singular será a construción dun paseo ao longo da praia, redifinindo esa primeira liña e retrasándoa. Ao longo do borde costeiro limitarase o tráfico rodado ás persoas residentes, polo que tampouco haberá aparcamentos. As prazas que se perden neste ámbito gañaranse creando dúas grandes bolsas de estacionamento xunto ao solo de equipamentos, e ademais prevese amplialas na época de máis demanda mediante acordos con propietarios do solo rústico situado ao carón.

Tamén se reserva un solo na estrada de Razo da Costa para unha hipotética zona deportiva.

Prazos

Tras un proceso aberto ás propostas da veciñanza, o documento está pendente dos informes da Xunta e de Costas para ser aprobado inicialmente (quedarían aínda dous meses para presentar alegacións antes da licitación).

O prazo estimado é de 12 anos, comezando as obras polo paseo, e os dous aparcamentos para máis de 400 vehículos.

comentarios