Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O arteixán Miguel Sande presenta a súa novela “O Negociador” en Espiral Maior Foro

Presentación en Carballo da novela O NEGOCIADOR de Miguel Sande
O arteixán Miguel Sande presenta a súa novela “O Negociador” en Espiral Maior Foro

Continúa o espazo de Espiral Maior Foro afianzándose como un dos epicentros culturais máis importantes da comarca de Bergantiños. Faino, entre outras actividades, a través de constantes presentacións, xa cun píublico fiel e amante dos libros.

A seguinte visita será a do escritor e xornalista Miguel Sande (Pastoriza, Arteixo, 1961), que este xoves 30 de xuño, ás 20:00 h., presentará no espazo da Rúa do Sol, 34, a novela “O negociador”, publicada por Edicións Xerais.

Acompañarán ao autor no acto cultural a profesora, escritora e actualmente deputada no Parlamento de Galicia, Mercedes Queixas, e o propio escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.

Miguel Sande, novelista, dramaturgo, poeta e xornalista, é autor de máis de 15 libros en diversos xéneros. No ano 1985 obtivo o Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca e foi tamén Premio de Teatro Rafael Dieste da Deputación da Coruña. Como poeta recibiu os premios Afundación e o Johan Carballeira do Concello de Bueu, e como novelista foi galardoado co Premio de Narrativa Repsol e o García Barros pola novela “A candidata”.

Novas relacionadas

Comentarios