Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Artesanía e activismo feminista para o #25N carballés

Marina Marroquia e Mercado de Mulleres Artesas
Marina Marroquia e Mercado de Mulleres Artesas
Artesanía e activismo feminista para o #25N carballés

Este novembro vén cargado de feminismo na capital de Bergantiños. Por exemplo, no Mercado de Mulleres Artesás, que o sábado 13 e o domingo 14 de novembro encherá 2º andar do Mercado Municipal ç

Artesanía das palilleiras, redeiras ou sancosmeiras, a música tradicional, as exposicións… será un mercado para poñer en valor e reivindicar o gran labor que levan facendo dende sempre as mulleres artesás, que tecen os vimbios do noso futuro.

Todos os postos terán mulleres á fronte, incluíndo a cinco de Carballo: Marilá Gómez Caamaño con olería, Isabel Andrade con xoiería, Rakelúa con coiro, Vivo Macramé (Nuria Varela) con macramé e Amigurumicri con crochet. En total serán arredor de 30 artesás que porán á venda e amosarán o seu traballo ao público entre as 12.00 e as 21.00 h.

Ademais, tamén haberá unn obradoiro de trenzado impartido polas sancosmeiras e outro de bordado con Lúa Mosquetera. E para nenas e nenos, haberá pinta caras tanto o sábado coma o domingo coa artista coruñesa Mamen Bazarra; e o domingo, un obradoiro de crebas sobre como converter os refugallos nunha obra de arte.

Marina Marroquí

A activista feminista Marina Marroquí, con centos de milleiros de visualizacións nas súas canles, estará en Carballo o vindeiro día 30. Un relato o seu, que impacta, porque viviu nas súas propias carnes o que é a violencia de xénero entre os 15 ata os 19 anos. “A mí me pegaron, me quemaron, me violaron, me dejaron en un descampado, me asfixiaron, me insultaron, me humillaron. Yo siempre digo que basicamente soy el ejemplo a no seguir, porque hice todo lo que no hay que hacer”, relata.

Pola mañá participará nunha xornada de traballo con profesionais de distintos ámbitos e pola tarde estará nun acto aberto a toda a cidadanía pero de especial interese para as familias, no que teredes que inscribirvos previamente.

“Lo más duro no es vivir la violencia de género, sino sobrevivir a ella”, di.

Novas relacionadas

Comentarios