venres. 16.05.2025
El tiempo

As praias de Carballo renovan os seus certificados de calidade ambiental

As praias de Carballo renovan os seus certificados de calidade ambiental
praia-razo-carballo A praia de Razo, xunto coa de Baldaio-Saiñas e Pedra do Sal, dispoñen da ISO 14.001 Tras un verán coas mellores marcas de visitantes nos seus areais, o concello de Carballo vén de renovar por terceiro ano consecutivo as certificacións internacionais que avalan a súa calidade medioambiental e de xestión de servizos para as praias de Razo, Baldaio-Saiñas e Pedra do Sal. Trátase da ISO 14.001 e do Esquema Europeo de Ecoxestión e Ecoauditoría (EMAS), este último o máis esixente dos que están implantados en Europa a nivel de xestión ambiental. O obxectivo destas certificacións é o de promover a mellora constante do medio. Trátase dun sistema voluntario para organizacións dispostas a comprometerse a avaliar e mellorar as súas prestacións dende o punto de vista ambiental. A obtención do EMAS require unha avaliación previa que esixe unha serie de requisitos lexislativos e regulamentarios, ademais duns criterios, uns servizos e unhas prácticas medio ambientais concretas. Tamén deben terse en conta as incidencias que teñan repercusión no medio ambiente, ademais de xerarse un sistema de resolución de problemas. Así, en caso de darse algunha situación de emerxencia, o EMAS proporciónalle ao concello un sistema documentado de ensaio que valida calquera emerxencia con accións correctoras e preventivas, que tamén minimicen a posibilidade de que volva a darse esa situación no futuro. Auditorías O resultado das auditorías realizadas a principios do mes de setembro, e que avalan a calidade dos servizos de Razo, Baldaio-As Saíñas e Pedra do Sal. A implantación do EMAS e do ISO 14.001 supón a mellora na calidade da xestión medioambiental, o aforro de recursos e a redución de custos, así como a mellora da credibilidade e da imaxe dos organismos que obteñen este certificado. Ademais, o concello está na obriga de realizar auditorías cada ano para comprobar que se seguen a cumprir os parámetros, nun proceso constante de avaliación da calidade. Ademais de contar cunha ordenanza específica, estes areais dispoñen dun servizo de limpeza durante todo o ano (con diferentes frecuencias), recollida selectiva de lixo no verán, de saneamento e o servizo de salvamento e socorrismo durante os tres meses de verán. O goberno local espera ampliar a rede de abastecemento municipal a estas zonas, o cal é unha prioridade dentro do Plan Director de Abastecemento.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Concello de Carballo

Comentarios