Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A auga termal carballesa como recurso turístico

Regueira charla auga turismo
A auga termal carballesa como recurso turístico

Estudia o Concello de Carballo “converter a cultura da auga nun recurso turístico”. A vila, que conta cun balneario termal moi recoñecido, podería aproveitar a convocatoria extraordinaria do 2023 do programa do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD).

Así o formulou o deputado provincial, o edil carballés Xosé Regueira, que nunha reunión ante o sector turístico da vila informou da creación da marca “A Coruña Termal” para desenvolver en dúas liñas: unir as tres vilas termais da provincia (Carballo, Brión e Arteixo) a través dun proxecto de Turismo da Deputación; ou desenvolver un proxecto turismo azul a nivel local impulsado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo.
Solicitaranse 2 millóns para cada proxecto.

Regueira ten clara a idea: “facer da auga un discurso que sirva para unir o territorio”. E para iso traballarase na recuperación e creación de infraestruturas sostibles e o deseño de novos produtos turísticos de base termal. Por exemplo, a a recuperación e difusión da tradición termal dos tres concellos, ou a creación de estacións BTT vinculadas ás sendas ciclo-peonís existentes en Arteixo e Carballo.

A nivel carballés está previsto utilizar a realidade aumentada para recrear o antigo balneario romano, recuperar a historia da industria das augas carbonatadas, vincular o proxecto de arte urbana ao termalismo ou recuperar a historia e os restos dos desaparecidos Baños Novos.

Regueira charla auga turismo termal
Imaxe da reunión informativa co sector

Comentarios