Luns. 29.04.2024
El tiempo

Envían á Policía Local para trasladar medio equipo médico a unha emerxencia vital no Val de Rus ante a indisponibilidade de ambulancias

Ambulancia no lugar de Rus
A Ambulancia de Ponteceso chegou tarde ao lugar de Rus
Envían á Policía Local para trasladar medio equipo médico a unha emerxencia vital no Val de Rus ante a indisponibilidade de ambulancias

Esta pasada mañá de domingo, o 112 alertaba dunha emerxencia dun domicilio no Val de Rus, en Carballo. Pero, ao parecer, había un “pico de saturación de servizos”, como califica a Xunta, e non había ambulancias dispoñibles para desprazarse dende Carballo. Unha persoa de 49 anos estaba en parada cardiorespiratoria, polo que a urxencia era máxima.

Ante esta situación o 112 avisaba unha ambulancia do PAC (Punto de Atención Continuada de Ponteceso (tardaría un mínio de 25 minutos) e mandaba a medio equipo médico do PAC Carball (médico e enfermeiro, porque o equipo debería completarse co técnico) a través da Policía Local de Carballo (non deberon poder mobiliar un taxi…).

Se ben non é a primeira que suceden estes “picos puntuais habituais”, como os califica Huberto Guillán (delegado de CCOO da concesionaria do 061 María Pita), si que é unha das primeiras que é o coche policial o que traslada aos médicos.

A problemática é que o médico e o enfermeiro, que deberían esta canalizando a vía e administrando medicación, tiveron que poñerse a facer os exercicios de RCP, unha labor que deberían facer os técnicos do 061. Pero claro, ao vir dende Ponteceso, non daba chegado.

Nesta ocasión, o 061 chegou a activar o helicóptero pero non dou chegado a tempo e non puido evitar o tráxico final da morte desta persoa.

”É unha situación que se dá moitas veces na Costa da Morte”, sinala Guillán. “Estamos fatal de servizos nesta zona”, reitera, sinalando que temos 6 ambulancias para toda a Costa da Morte, contando coa de A Silva.

Máis novas

Comentarios