O #FIOT30 estrea en Sala e no móbil

Primeira fin de semana completa da 30ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. E chega con tres estreas absolutas e a apertura do Programa de Sala da man dunha das compañías máis queridas polo público de Carballo: a Cía. Manolo Alcántara presentará Déjà vu, peza gañadora do FETEN 2021 á adaptación de técnicas circenses á nova dramaturxia.
Mais a fin de semana comezará coa estrea absoluta de O espello que arde (venres 1 de outubro, ás 19.00 e 20.00h), o proxecto protagonista da segunda edición do FIOT Fónico, a liña de programación coa que o certame experimenta con novas linguaxes e conxuga as artes escénicas co espazo urbano. Así, o espazo público de Carballo torna en protagonista da escenografía dunha peza de trama policíaca que se pode escoitar a través de dispositivos móbiles e que, nesta ocasión, é obra de María Lado. Marcos PTT, a propia María Lado, o director, Quico Cadaval, e algúns dos intérpretes estarán na estrea desta obra que terá lugar todos os venres e sábados de outubro, ás 19.00 e 20.00h, así como os domingos e festivos do mes (día 12), ás 13.00 e 19.00h.
Estreas na Rúa dos Contos
Imaxes da primeira fin de semana. de Rúa dos Contos
Por outra banda, a proposta máis atrevida e retranqueira do FIOT, a Rúa dos Contos, suma a súa segunda fin de semana, e faino con dúas estreas absolutas: Desta sairemos mellores, que Ángela Triana interpretará o 1 de outubro, ás 21.00h, no Espazo Xove de Carballo; e A parábola do anganzo, de Talía Teatro, que a compañía presentou onte.
O programa da Rúa dos Contos para esta fin de semana completarase con funcións de Sexo débil, o carallo!, de Arantxa Treus (día 1, no Casino 1889, ás 23.00 horas) e Camiños, de Paula Carballeira (domingo 3, ás 20.00 horas, no Mercado Municipal).
Comeza Teatro de Rúa
Este venres, 1 de outubro, tamén dará comezo outra das liñas de programación do FIOT abertas a todos os públicos: Teatro de Rúa, o programa de artes escénicas e artes circenses que se espalla polas rúas de Carballo. A compañía galego-arxentina A Vela Circo será a responsable de presentar ao público o seu primeiro espectáculo A corda, cunha orixinal e divertida posta en escena ateigada de circo do absurdo, caos, humor e poesía para toda a familia.
Venda de entradas para o Programa de Sala
Este martes, 28 de setembro, activouse a venda dos bonos do Programa de Sala, os billetes para todos os espectáculos desta liña de programación. O xoves, 30 de setembro, a partir das 17.00 horas, saíron á venda as entradas individuais para o Programa de Sala e tamén para outra das grandes novidades desta 30ª edición: o FIOT en Ruta, dous espectáculos coas compañías Berrobambán (A carreta pantasma) e Chévere (As fillas bravas e o mito de Casandra) e que terán lugar os días 8 e 12 de outubro nos centros sociais de Cances e Berdillo.
AXENDA FIOT - Do 24 ao 26 de setembro de 2021
01.10.2021 | 19.00 horas e 20.00 horas
Praza do Concello
OTNI | FIOT Fónico: O espello que arde ESTREA ABSOLUTA
01.10.2021 | 20.00 horas
Rúa Jacinto Amigo
Teatro de Rúa | A vela circo: A corda
01.10.2021 | 21.00 horas
Espazo Xove Carballo
Rúa dos Contos | Ángela Triana: Desta sairemos mellores ESTREA ABSOLUTA
01.10.2021 | 23.00 horas
Casino 1889
Rúa dos Contos | Arantxa Treus: Sexo débil, o carallo!
02.10.2021 | 20.30 horas
Pazo da Cultura - Auditorio
Programa de Sala | Manolo Alcántara: Déjà vu
02.10.2021 | 22.00 horas ESTREA ABSOLUTA
03.10.2021 | 19.00 horas
Pazo da Cultura - Salón de Actos
Rúa dos Contos | Talía Teatro: A parábola do angazo
NOVAS RELACIONADAS
- 2021: A Rúa dos Contos abre este venres o FIOT.
- 2021: #FIOT30: Volve, con todo e pensando no pobo, o Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo
- 2020: A innovación do #FIOTenpausa achegou o teatro ás novas xeracións.
- 2020: O FIOT innova por pandemia.
- 2020: “A ficción sonora “A lúa, válvula de spray” crea un discurso artístico coa cidade”.
- 2020: Carlos Alonso, Xograr de Outono desta singular edición do #FIOTenpausa 2020.
- 2019: As impresionantes cifras do FIOT, a maior oferta teatral de Galicia.
- FIOT 2018: O FIOT, o maior festival de teatro de Galicia, pecha cun 98% de ocupación achegándose á mocidade.
- Setembro 2018: O FIOT recibe o premio da Cultura Galega de Artes Escénicas.