A Rúa dos Contos abre este venres o FIOT
Este venres 24 de setembro arrinca a 30ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT. E faino coa súa proposta máis humorística, a Rúa dos Contos, que cumple a súa 22ª temporada facendo da tradición oral a gran protagonista. Nesta primeira semana encherán de risas as rúas de Carballo (non poderá ser aínda nos bares) artistas como Alba Grande, Caxoto, Pepo Suevos, Oswaldo Digón, O’Leo Arremecaghona, The Tetas Van, Brais das Hortas e Izquierdo Sisters.
Catro destas propostas serán estreas absolutas (as de Caxoto, Ángela Triana, Talía Teatro e Pallasos en Rebeldía) e incorpora unha novidade na súa programación: as Noites de Troula, noites con espectáculos no Mercado Municipal con grandes humoristas que enchen recintos teatrais. É o caso de Xosé A. Touriñán (8 de outubro) ou Luís Piedrahita (12 de outubro), ademais de Arantxa Treus e Paula Carballeira.
Ademais da apertura con humor e retranca, o FIOT celebrará unha gran festa na que convidará ao baile. O sábado 25 o mercado municipal acollerá a primeira función do XI Ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado) cunha proposta que conta nas súas claves con música electrónica, voz, luz e corpos en movemento. Technocracia, de Funboa Escénica. O OTNI chega con innovación dixital, tendo continuación o 1 de outubro, co FIOT Fónico (recuperación da primeira edición, A lúa, válvula de spray, e a estrea de O espello que arde), para avanzar o 7 de outubro coa última creación de Marta Valverde e pechar os días 14 e 15 de outubro cunha experiencia virtual e presencial: Ronem Ram.
AXENDA FIOT - Do 24 ao 26 de setembro
24.09.2021 | 17.00 horas
Biblioteca Municipal
Rúa dos Contos | Alba Grande: Contos para derreter cera
24.09.2021 | 21.00 horas
Rúa Jacinto Amigo
Rúa dos Contos | Caxoto: Don carnal (contos desvergoñados) ESTREA ABSOLUTA
24.09.2021 | 23.00 horas
Rúa Jacinto Amigo
Rúa dos Contos | Pepo Suevos: Humor salvaxe
25.09.2021 | 20.00 horas
Rúa Jacinto Amigo
Rúa dos Contos | Oswaldo Digón: Outra movida
25.09.2021 | 21.30 horas
Rúa Jacinto Amigo
Rúa dos Contos | O‘Leo Arremecaghona: Sé (mente de vencer)
25.09.2021 | 23.00 horas
Mercado municipal
OTNI | Funboa Escénica: Technocracia
26.09.2021 | 13.00 horas
Rúa Jacinto Amigo
Rúa dos Contos | The Tetas Van: Muller libre
26.09.2021 | 18.00 horas
Rúa Jacinto Amigo
Rúa dos Contos | Brais das Hortas: Zona de obras
26.09.2021 | 20.00 horas
Rúa Jacinto Amigo
Rúa dos Contos | Izquierdo Sisters: Galician Horror History
Venda de bonos e entradas para o Programa de Sala
Desde este luns 20 o público pode adquirir entradas e bonos (por primeira vez na historia do festival) para Rúa dos Contos. Tamén está activa a venda de entradas para o Ciclo XI OTNI, que decorrerá fundamentalmente a partir do 1 de outubro. Xa a partir do venres 24 de setembro, ás 10.00 horas, activarase o segundo tramo de venda de entradas e os bonos do Programa de Sala. Este prazo estará vixente até o luns 27, incluído. A partir do martes 28, desde as 14.00 horas, o FIOT activará o terceiro tramo de venda de entradas e porá á disposición do público, tamén en ataquilla.com, os billetes individuais para as funcións do Programa de Sala e para outra das grandes novidades desta 30ª edición: o FIOT en Ruta, dous espectáculos coas compañías Berrobambán e Chévere e que terán lugar os días 8 e 12 de outubro nos centros sociais de Cances e Berdillo.
Novas relacionadas
- #FIOT30: Volve, con todo e pensando no pobo, o Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo
- 2020: A innovación do #FIOTenpausa achegou o teatro ás novas xeracións.
- 2020: O FIOT innova por pandemia.
- 2020: “A ficción sonora “A lúa, válvula de spray” crea un discurso artístico coa cidade”.
- 2020: Carlos Alonso, Xograr de Outono desta singular edición do #FIOTenpausa 2020.
- 2019: As impresionantes cifras do FIOT, a maior oferta teatral de Galicia.
- FIOT 2018: O FIOT, o maior festival de teatro de Galicia, pecha cun 98% de ocupación achegándose á mocidade.
- Setembro 2018: O FIOT recibe o premio da Cultura Galega de Artes Escénicas.