As Bibliotecas de Carballo poñen en marcha un ciclo de talleres sobre saúde natural
07:51 08/10/25
A Biblioteca Rego da Balsa desenvolverá entre outubro e novembro un ciclo de talleres teórico-prácticos Saúde natural na era artificial. Será Alejandro Castro, profesional da acupuntura, encargado de desenvolver as sesións para "sentirse mellor", a través de olladas á natureza e á histori para “emocionar” a nosa forma de mirar o mundo que nos rodea.
Os talleres do ciclo Saúde natural na era artificial van dirixidos ao público adulto e son gratuítos. Cada sesión terá unha duración de hora e media, e non se requiren coñecementos previos. Inscricións en carballo.gal desde a semana anterior.