Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG celebra os seus 40 anos en Carballo

bng Carballo 40 anos
O BNG celebra os seus 40 anos en Carballo

Ao longo do país está celebrando o BNG os seus 40 anos de historia. E non faltará un dos seus grandes bastións nese ciclo de presentacións do libro “40 anos ao servizo de Galiza. BNG, 1982-2022”. Este venres 2 de decembro, o Pazo da Cultura de Carballo acollerá a cita.

A responsable local do BNG de Carballo, Inés Rodríguez, abrirá as intervencións ás 20.30 horas. De seguido, Manuel Anxo Fernández Baz presentará o libro, para posteriormente facer un recoñecemento público á militancia, representada por militantes históricos/as de Bergantiños que asistiron ao nacemento da formación nacionalista no ano 1982. Entre eles estará o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, cuxa intervención porá fin ao acto.

Novas sobre o BNG

Comentarios