Venres. 12.08.2022
El tiempo

Branca Vilela presenta "Pesadelo da creación" no Espiral Maior Foro

Presentación PESADELO DA CREACIÓN. Branca Vilela. Tarxeta
Branca Vilela presenta "Pesadelo da creación" no Espiral Maior Foro

O venres, día 29 de xullo, ás 20:30 h., terá lugar na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo) a presentación do libro
“Pesadelo da creación”, publicado por Medulia Editorial e obra da poeta e escritora fisterrá Branca Vilela.
Acompañarán á autora no acto o escritor, crítico literario e director de Medulia Editorial, Xulio López Valcárcel, e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.

“Pesadelo da creación” é o noveno libro de poemas dunha autora que foi galardoada coa Mención da Crítica norteamericana e co
Premio Escriduende da revista Educación 3.0. A obra poética de Branca Vilela foi traducida, entre outros idiomas, ao inglés, francés,
catalán, árabe e portugués, e a autora pertence á Comisión de Mulleres Escritoras do Pen Club Internacional.

Novas relacionadas

comentarios