A campaña de reciclaxe de aceite usado doméstico de Carballo continúa salvando millóns de litros de auga
- Este xoves, coincidindo co mercado semanal, o Concello realiza unha campaña informativa a pé de rúa, repartindo funís para recoller o aceite usado doméstico na ríua Coruña.
- Os funís poden recollerse de balde e ata fin de existencias, na Casa do Concello (departamento de Medio Ambiente)

12:13 27/02/20
Continúa en marcha a campaña de concienciación e recollida de aceite usado do Concello de Carballo. Faino cunha campaña a pé de rúa e coa instalación de seis novos colectores, para seguir salvando millóns de litros de auga deste contaminante.
As cifras así o avalan: os 13.560 quilos de aceite recollidos o ano pasado en Carballo evitaron a contaminación de 15 millóns de litros de auga
Nestes momentos hai 22 puntos de recollida, a maior parte distribuídos polos distintos barrios do casco urbano. Pero a experiencia piloto que iniciamos en Razo, Pedra do Sal e Berdillo tamén se estende polas parroquias a petición da veciñanza, e nestes momentos tamén hai contedores en Ardaña e Sísamo.
Novas relacionadas
- 2018: Recollidos máis de 1.200 litros de aceite usado nos novos colectores de Carballo
- 2019: Ponteceso fai unha nova recollida de 2.000 bidóns de aceite usado
Máis novas