Venres. 19.04.2024
El tiempo

A campaña de reciclaxe de aceite usado doméstico de Carballo continúa salvando millóns de litros de auga

  • Este xoves, coincidindo co mercado semanal, o Concello realiza unha  campaña informativa a pé de rúa, repartindo funís para recoller o aceite usado doméstico na ríua Coruña.
  • Os funís poden recollerse de balde e ata fin de existencias, na Casa do Concello (departamento de Medio Ambiente)
Recollida de Aceite en Carballo
Recollida de Aceite en Carballo
A campaña de reciclaxe de aceite usado doméstico de Carballo continúa salvando millóns de litros de auga

Continúa en marcha a campaña de concienciación e recollida de aceite usado do Concello de Carballo. Faino cunha campaña a pé de rúa e coa instalación de seis novos colectores, para seguir salvando millóns de litros de auga deste contaminante.

As cifras así o avalan: os 13.560 quilos de aceite recollidos o ano pasado en Carballo evitaron a contaminación de 15 millóns de litros de auga

Nestes momentos hai 22 puntos de recollida, a maior parte distribuídos polos distintos barrios do casco urbano. Pero a experiencia piloto que iniciamos en Razo, Pedra do Sal e Berdillo tamén se estende polas parroquias a petición da veciñanza, e nestes momentos tamén hai contedores en Ardaña e Sísamo.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios