Luns. 29.04.2024
El tiempo

A carballesa Patricia Iglesias, nº1 da lista do PSOE na Coruña, pide a bonificación da peaxe da AG55

PSOE  en Carballo
A carballesa Patricia Iglesias, nº1 da lista do PSOE na Coruña, pide a bonificación da peaxe da AG55

O PSOE provincial, que vén de presentar as súas listas para as Eleccións Autonómicas do 18 de febreiro, fixo parada en Carballo onte. A cabeza de lista do PSdeG na provincia Patricia Iglesias Rey e o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro visitaron Carballo para presentar a candidatura socialista para as eleccións autonómicas ante a veciñanza da comarca de Bergantiños. 

“Teño o corazón cheo de orgullo de que os compañeiros e compañeiras socialistas contaran cunha carballesa coma min para liderar a súa candidatura na provincia”, sinalou Patricia Iglesias. “Aínda que son santiaguesa de adopción, nacín en Carballo e sigo a ter moito contacto con esta que é a miña terra”, sinalo

Iglesias reclamou á Xunta de Galicia a bonificación da peaxe da autopista de titularidade autonómica AG-55, “algo que se leva reclamando dende que era moza”. .

Fernández Piñeiro, pola súa banda comezou a súa intervención sinalando que “o Partido Popular ten aillada a esta comarca coa peaxe da AG-55, que supón un sobrecusto para a veciñanza de Bergantiños que non sofren outras zonas”. 

“A Xunta de Galicia non ten previsto, polo que temos escoitado e polo que temos visto ao longo de todos estes anos, liberar esta peaxe, pero si solicita a outras administracións que si o fagan naquelas que son da súa competencia” afirmou o socialista. “O PP é moi dado a esixir a outros aquilo con que non cumpre e que é da súa competencia”, recalca. 

Máis novas

Comentarios