![]()
O vindeiro luns comeza no Fórum Carballo un
curso de comercialización e venda electrónica, de 30 horas de duración, organizado polo concello de Carballo e a Deputación da Coruña a través da Rede Xiana 2. Os cursos están abertos a persoas de toda a comarca. Nesta ocasión o alumnado preferente debe ter experiencia laboral no sector do comercio ou ben formación relacionada (ciclo formativo en márketing e/ou comercio).
Desde a
Bolsa de Traballo (BDT) do concello de Carballo estase a enviar información ás persoas inscritas no servizo municipal que se axustan ao perfil, pero a iniciativa está aberta a calquera persoa interesada. Os impresos de solicitude poden descargarse na web municipal e deben presentarse ou ben no rexistro xeral do concello, de 9:30 a 13:30 horas, ou ben no rexistro auxiliar do Fórum Carballo, de 11 a 13:30 horas. Na documentación adxunta figura tamén o programa completo do curso, que se impartirá de luns a venres de 15:30 a 21:30 horas entre o 26 e o 30 deste mes de xuño.
A acción formativa inclúe un módulo de
márketing centrado nas estratexias online, outro sobre firma e facturación electrónica e un terceiro sobre comercio electrónico, un recurso cada vez máis utilizado que pode resultar moi útil para os profesionais que desexen iniciarse nas vendas a través de Internet.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo