Venres. 19.04.2024
El tiempo

Amigos da Terra desenvolve en Carballo un curso de mestría en compostaxe

Curso Compostaxe-Carballo Emplea Verde Galicia
Amigos da Terra desenvolve en Carballo un curso de mestría en compostaxe

A ONG Amigos da Terra organiza do 3 ao 14 de outubro, un curso para ser profesional da compostaxe en Carballo. 16 persoas poderán formarse neste curso gratuíto destinado a persoas desempregadas.

A formación constará de 48 horas, divididas en 8 módulos en liña e 16 módulos de prácticas presenciais, ao longo das cales se abordará o ciclo completo de xestión da fracción orgánica dos residuos. O de Carballo será o segundo curso que se levará a cabo en Galicia.

As persoas que participen no curso de Carballo participarán en dúas xornadas prácticas que lles permitirán coñecer o proceso de compostaxe nas plantas de Lousame e Santiago.

Máis información e inscricións: [email protected]. O prazo de inscrición rematará o día 22 de setembro ás 14.00 horas.

A iniciativa, incluida no programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica, conta co financiamento do Fondo Social Europeo e coa colaboración do Concello de Carballo, e está activo co obxectivo de mellorar a empregabilidade de colectivos en riscp.

Máis novas sobre compostaxe

Comentarios