Carballo acolle un novo curso de verán da UDC sobre dinamización lingüística no eido do lecer

Carballo volverá recibir, os días 12 e 13 deste mes de xullo, unha nova edición do curso de verán sobre dinamización lingüística Traballando en lingua, unha iniciativa na que veñen colaborando desde hai anos o Concello e a Universidade da Coruña e que supón unha “manifestación clara da necesidade que compartiamos de normalizar o uso do galego en todos os ámbitos e de dotarnos de ferramentas para que ese uso da nosa lingua avance, neste caso no ámbito do lecer”.
Por iso a edición deste ano céntrase en mellorar a presenza da lingua no eido do libre, no lecer, no sendeirismo, no deporte...
O prazo de matrícula para o curso de verán Traballando en lingua no lecer está aberto até o día 6 de xullo, e aínda quedan prazas disponibles. Hai diferentes modalidades de matrícula:
- para membros da comunidade da UDC, alumnado doutras universidades, persoas desempregadas ou pensionistas terá un importe de 30 euros
- a inscrición xeral será de 50 euros
- haberá tamén catro bolsas con matrícula gratuíta
O curso vai destinado a persoas que traballan ou que están interesadas no proceso de normalización da lingua galega, especialmente técnicos/as de normalización lingüística, docentes, dinamizadoras/es socioculturais, estudantes... cun completo programa.
Dende o Concello de Carballo valoran a colaboración coa UDC, que se vai ampliando con iniciativas como a Universidade Sénior, que agardan poñer en marcha de cara ao curso que vén.