Carballo acolle a XI Feira de Emprego da Cámara, enfocada á inserción dos menores de 30 anos
Este martes 31 de maio, de 9.30h a 13.30h, terá lugar a XI Feira de Emprego da Cámara no Fórum Carballo. Preto das 30 empresas que van participar ofrecerán postos de traballo dirixidos a mozos menores de 30 anos que non se atopen traballando nin estudando e que estean inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
O Fórum acollerá a inauguración a partir das 9:30h. A xornada está deseñada para que os mozos que se inscribiron poidan asistir tamén a talleres nos que se abordarán estratexias útiles para participar en procesos de selección. Así, responsables de Recursos Humanos de Grupo Calvo, Gálica Consultoría e Formación e Imán Temporing ETT, expoñerán a visión actual da empresa nos procesos de selección, que buscan, como o fan e como se gestionan os equipos de traballo.
Entre as empresas participantes estarán Aluman, Arce Clima, Bricodepot, Campus Training, Carrefour, Disa Shop, Domus Vi, Eulen Flexipan, FUAC, Forzas Armadas, Fundación Equipo Humano, Gadisa, Genesal, GI Group, Grupo Calvo, Grupo Crave, Grupo Externa, Grupo Temporing, Imán Temporing, Mapfre, NOS. AD (Grupo Malasa), Nordés Ancín (Grupo Abeirar), Osmos Sistemas Eléctricos, Synergie ETT, Tubasys (Grupo Abeirar) e Vegalsa Eroski, todas elas con procesos de selección abertos.
Na comarca de Bergantiños o groso da demanda é persoal de hostalería, de tenda, loxística, axentes comerciais, deseñadores industriais, carpinteiros, albaneis, soldadores e frigoristas, entre outros.