Carballo acollerá unha importante Xornada Formativa sobre Inclusión Socioeducativa sobre TEA

A Agrupación Deportiva Un Paso Máis, en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e o Concello de Carballo, organiza a II Xornada Formativa sobre Inclusión Socioeducativa, un evento dirixido a docentes, familias e profesionais interesados na inclusión de escolares con Trastorno do Espectro Autista (TEA). A xornada celebrarase o próximo 24 de maio no Fórum Carballo, cun programa variado que combinará ponencias, mesas redondas e obradoiros especializados.
Durante a xornada, haberá stands informativos onde, ademais da propia Un Paso Máis, participarán diversas entidades sociais de recoñecido prestixio, como APE, Íntegro, Aspaber, ENKI, Fegerec e Paseniño.
O obxectivo desta xornada é sensibilizar sobre a importancia da inclusión educativa e social dos nenos e nenas con TEA, así como ofrecer ferramentas prácticas para a súa integración en diferentes ámbitos.
Un dos puntos centrais do programa será unha mesa redonda titulada "TEA e inclusión", na que se tratarán estratexias de comprensión de condutas, acompañamento familiar e ferramentas tecnolóxicas adaptadas. Participarán relatores como Silvina Lema Fernández (presidenta da Asociación Española de Disciplina Positiva), Valentín Costa Trillo (Un Paso Máis) e Isabel García García (doutora especialista en TEA). Tamén o inxeñeiro Gil Barrero falará dos sistemas alternativos de comunicación, e Juan Díaz compartirá a súa experiencia.
Valentín Costa, coordinador das xornadas, destacou a excelente acollida da primeira edición tanto por parte da comunidade educativa coma das familias, e anunciou novidades para segunda edición: as xornadas serán homologadas pola Consellería de ducación por 8 horas e haberá un descanso activo no que participarán outras entidades sociais da contorna “poñendo puntos de información sobre os seus labores e as súas tarefas do día a día”. Os representantes de Un paso máis agradeceron a colaboración e a implicación do Concello.
A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures, subliñou a importancia de achegar ferramentas tanto aos docentes como ás familias “para mellorar a vida dos nenos e nenas con TEA e que estean cada vez máis integrados na sociedade”. O alcalde de Carballo, pola súa banda, puxo en valor o traballo que vén realizando a agrupación Un paso máis e incidiu en que a inclusión “debe ser un reto de todos”.
PROGRAMA
09:30 - 10:00 Recepción e benvida
10:00 - 10:30 Acto inaugural: Evencio Ferrero Rodríguez (Alcalde de Carballo), Marcos Pinaque Varela (Doutor en Equidade e Innovación educativa), e Banesa Martínez (Presidenta da Agrupación Deportiva Un Paso Máis).10:30 - 11:30 Seres únicos. Marcos Pinaque (Doutor en Equidade e Innovación educativa)
11:30 - 12:30 Descanso activo: Coa participación das entidades: Paseniño, ENKI, ASPABER, Íntegro, APEM, FEGEREC, e Un Paso Máis. (Cáterin xentileza da Escola de Hostalaría Municipal de Carballo)
12:30 - 14:00 Mesa redonda: TEA e inclusión
- Comprendendo as condutas. Silvina Lema Fernández (Presidenta da Asoc. Esp. de Disciplina Positiva e maestra de educación infantil)
- “Un paso máis” cara a inclusión. Valentín Costa Trillo (Membro de Un Paso Máis)
- Acompañamento familiar. Isabel García García (Doutora Especialista en TEA)
- Máis alá da fala: a comunicación. Gil Barrero (Enxeñeiro especialista en informática e tecnoloxía adaptada).
- A miña experiencia. Juan Díaz Puente
16:30 - 18:00 Talleres e seminarios (escoller 1 de 5)
- Disciplina positiva. Benestar psicoemocional e comprensión do comportamento. Silvina Lema Fernández (Presidenta da Asoc. Esp. de Disciplina Positiva e maestra de educación infantil)
- Taller de mestres. Marcos Pinaque Varela (Doutor en Equidade e Innovación educativa)
- Taller de familias. Isabel García García (Doutora Especialista en TEA)
- Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación. Gil Barrero (Enxeñeiro especialista en informática e tecnoloxía adaptada).
- O aprendizaxe da lectoescritura para o alumnado con TEA. Ana Cecilia Colmenarez Raga (Doutora en Neurociencias).
18:30 - 20:00 Talleres e seminarios (escoller 1 de 5):
- Disciplina positiva. Benestar psicoemocional e comprensión do comportamento. Silvina Lema Fernández (Presidenta da Asoc. Esp. de Disciplina Positiva e maestra de educación infantil)
- Taller de mestres. Marcos Pinaque Varela (Doutor en Equidade e Innovación educativa)
- Taller de familias. Isabel García García (Doutora Especialista en TEA)
- Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación. Gil Barrero (Enxeñeiro especialista en informática e tecnoloxía adaptada).
- O aprendizaxe da lectoescritura para o alumnado con TEA. Ana Cecilia Colmenarez Raga (Doutora en Neurociencias).
20:00 - 20:30 Acto de clausura
Xosé Regueira Varela (vicepresidente da Deputación da Coruña), María Carmen Ures García (concelleira de Servizos Sociais de Carballo), Eva Arán Fernández (secretaria de Un Paso Máis)
SERVIZO DE CANGURAXE
Un Paso Máis porá á disposición de quen o precise un servizo de canguraxe. Para solicitalo, é necesario contactar a través de info@unpasomais.org.
HOMOLOGACIÓN
Está solicitada a homologación destas xornadas á Consellaría de Educación por 8 horas. Para a obtención do certificado será necesario acreditar a asistencia de, cando menos, o 85% da totalidade da actividade.
INSCRICIÓNS
Ata o 19 de maio no teléfono 689 315 690, no correo electrónico unpasomais@gmail.com ou neste formulario.