Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo activa a prealerta por risco de inundacións

  • O río Xallas ao seu paso por Santa Comba tamén superou o seu nivel máximo de desbordamento
Rio Anllons desbordado en Carballo
Carballo activa a prealerta por risco de inundacións

Co temporal sen nome azoutando a comarca, e o río Anllóns desbordado, onte o Concello de Carballo vía activada a prealerta por risco de inundacións, especialmente nas beiras do Anllóns.

Tendo en conta que aínda ata o xoves a predición dá moita auga, o Concello xa comezou a aplicar medidas preventivas co control de aforos tanto no Anllóns coma no Bardoso, e o peche do paseo do Anllóns.

Na xuntanza de seguridade confirmaron que analizarán o estado do río cada 12 horas para ir tomando medidas.
Polo momenro, recomendan non usar os garaxes da zona de San Martiño (así como no aparcadoiro público) e do Parque do Anllóns; non achegarse ás marxes dos ríos, ter coidado cos garaxes; ao tempo que recomendan ás persoas que vivan a menos de 50 metros do río que extremen as precaucións.

Así está o río pola zona de Leas:

Comentarios