Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O temporal azouta a Costa

Imaxe dun accidente de onte en Carantona
Imaxe dun accidente de onte en Carantoña
O temporal azouta a Costa

Coas alertas laranxas por mar e vento, a Costa da Morte sofre estes días as embestidas da Borrasca Fein. Ao longo do día de onte rexistráronse máis de 200 incidencias en Galicia rexistradas polo 112, con varios accidentes na comarca.

O forte mar provocou que a flota quedase en terra, e os refachos de vento fixeron tremer as casas. Non se chegaron ás cifras do temporal de fin de ano, pero a estación de Malpica rexistrou refachos de 117km/h.

Así se vivía o temporal no Faro de Corcubión.

Entre as incidencias tanmén esta noite de luns, pasadas as 21:30h, unha guirnalda de nadal colgada na Rúa Doutor Toba, en Muxía, soltouse e dun extremo e quedaba colgando, polo que co vento que había movíase moito puidendo golpear un coche ou caer e darlle a un peón.
Os Bombeiros de Cee, coa axuda de Protección Civil, amarrárona á farola esperando a retirada da empresa responsable do alumeado.

Máis sucesos

Comentarios