Carballo afrontará a aprobación do PXOM no pleno do luns 2 de febreiro

08:49 30/01/15

Datos do Padrón
Presentaba tamén onte o Concello o Barómetro Municipal, que reflicte datos de interese sobre a poboación e os trámites realizados no Concello en 2014. Hai que mencionar que a poboación do Concello actualizada a 1 de xaneiro de 2015 e que é de 31.404 habitantes, 41 máis que a finais de 2013; sendo o seu crecemento vexetativo é cero, sen chegar a cifras en negativo, ao terse rexistrado o pasado exercicio o mesmo número de nacementos que de defucións, 264. ai que subliñar o incremento no número de nacementos respecto de 2013, en que se rexistraron 192 fronte aos 264 do ano pasado. Unha vez máis, unha das comunidades con máis presenza é a dos uruguaios, aínda que segue descendendo o seu número no municipio, pasando de 269 en 2005 aos 69 que están rexistrados agora. A comunidade máis numerosa é a de Romanía, con 78; e entre as máis numerosas tamén están as de Portugal, Brasil, Italia ou Colombia. O barómetro tamén amosa os niveis de estudos da poboación do municipio. Carballo conta cun total de 2.373 licenciados universitarios, mais tamén rexistra 13.968 persoas que non remataron os estudos primarios. O nivel de analfabetismo ascende a 441 persoas que non leen nin escriben, ou o fan con dificultades. Outro dato digno de mención é o do número de vivendas habitadas, un total de 11.754, das que a maioría -6.059- están ocupadas por dúas ou tres persoas.Novas relacionadas
- O BNG aproba os orzamentos do 2015 en Carballo.
- Novidades nos PXOM de Carballo, Fisterra e Muxía.
- Carballo tamén peatonaliza a Rúa Colón.
- O pleno de Carballo réndese á taxa do lixo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Fonte
- Concello de Carballo.