Venres. 29.03.2024
El tiempo

Novidades nos PXOM de Carballo, Fisterra e Muxía

Novidades nos PXOM de Carballo, Fisterra e Muxía
PXOM Carballo

Temos novidades relacionadas cos Plans Xerais de Ordenación Municipal de varios Concellos da Costa da Morte, un dos grandes cabalos de batalla dos nosos grupos municipais. Imos por Fisterra, Carballo e Muxía a ver como andan as cousas.

Aprobando o PXOM por Muxía

Despois de 7 anos de tramitación tras unhas esixencias da Xunta, o Concello de Muxía aprobará este venres 5 de decembro, no pleno das 20:00h, o PXOM. Veremos os votos da oposición, e intentaremos analizar este tan necesario documento.

Zona urbanizable por Fisterra

O alcalde de Fisterra esperaba a comezos de ano ter o PXOM listo en decembro 2014. Non era sen tempo, despois de 13 anos de redacción. Polo de pronto, xa estamos en decembro, e as únicas novas que temos é que PXOM, que segue en proceso de tramitación, inclúe unha nova área urbanizable na zona de Mar de Fóra.

Unha petición por parte dos veciños, despois da demolición de varias casas ilegais na zona.
O asunto foi aprobado cos votos do PP, coas abstencións da oposición.

Paso adiante do PXOM en Carballo

O PXOM carballés vén de incorporar a Memoria Ambiental da Xunta e parece que podería ir ao pleno para a súa aprobación provisional a primeiros de 2015. Dous pasos importantes para levar adiante o Plan urbanístico.

O informe ambienal é “favorable”, pero suporá a incorporación de varias pequenas modificacións relativas ás especies protexidas presentes en zonas como as antigas minas da Brea; referentes aos mapas de zonificación acústica; ou ás incorporacións realizadas no último informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio.

Así mesmo, e respecto do Informe de zonas inundables delimitadas do municipio elaborado por Augas de Galicia, a memoria recomenda a actualización do PXOM coa incorporación nun anexo dos Mapas provisionais de perigosidade e risco de inundacións costeiras e fluviais da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa que nestes momentos están en período de exposición pública.

Respecto da edificabilidade do PXOM, a capacidade residencial permanece practicamente inalterable respecto da aprobación inicial, con 30.002 vivendas (máis de 12.000 novas), mantendo o obxectivo de concentrar o crecemento en "solo urbano consolidado", priorizándose o colmatado das medianeiras e das parcelas baleiras fronte a novas construcións.

Novas relacionadas

Máis novas dos PXOMs

Fonte

Comentarios