Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O BNG aproba os orzamentos do 2015 en Carballo

O BNG aproba os orzamentos do 2015 en Carballo
Pleno ateigado en Carballo

Menudo pleno extraordinario o celebrado o luns 15 de decembro ás 20.30 horas e no que se aprobaron os orzamentos xerais da corporación carballesa para 2015. Uns orzamentos que saíron aprobados gracias aos votos do grupo de goberno, pero co voto en contra dos grupos da oposición (2 de TeGa e 7 do PP, pois faltou un concelleiro), se ben un edil do PSOE se abstiña, o que supuña un apoio fundamental.

Numeroso público volveu ateigar o salón de plenos, coa única intención de amosar, unha vez máis, o seu descontento pola taxa do lixo. Neste caso, puideron manifestar a súa postura ao abeiro do Regulamento de Participación Cidadá a través da intervención de Roberto Arán Vecino, que falou en nome dos presentes.

A Concelleira de Facenda, Belén Lendoiro, foi a encargada de presentar unhas contas que no apartado de gastos reflicten un importe de 22.326.719 euros e no de ingresos de 22.753.238 euros.

Lendoiro falou de “prudencia e realismo”, mentres a oposición falta de falta de investimento, ou de “gasto inútil”, como argumenta o PP (fala do “túnel, rotonda inútil nunha recta, parking inexistente…”). Ademais, o PP critica a retirada de 800 puntos de luz no termo municipal, un proxecto abandeirado polo grupo de goberno como pioneiro.

Outros asuntos

Deposito de augas de Carballo

Paralelamente continúan os traballos da Fase II do proxecto "Mellora do sistema xeral de abastecemento a Carballo (Anllóns-Bardoso)", que nestes momentos marchan segundo o previsto e nas que se están realizando as obras para cubrir o depósito de captación de auga. Podedes consultar máis información na web municipal.

Ademais, a Policía Local, ten novo vehículo que pasará a formar parte da flota, e así o seu Xefe, Roberto Mosquera, recibía as chaves do alcalde, Evencio Ferrero, esta mañá.

Entrega das chaves do novo coche da Policia Local de Carballo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios