Mércores. 14.04.2021
El tiempo

Carballo celebrou o Día da Poesía na rede e nas rúas

Intervencions artistas nas ruas de Carballo polo Dia da Poesia2
Intervencións artístitas nas rúas de Carballo polo Día da Poesía
Carballo celebrou o Día da Poesía na rede e nas rúas

Ademais das fermosas intervencións audiovisuais que vemos abaixo, o Día da Poesía celebrouse nas rúas de Carballo, a capital poética da bisbarra. Fíxoo ademais literalemnte, pois [email protected] artistas locais como Mon Lendoiro, Santi Picos, Cristina Castro e Isabel Soutullo realizaron unha serie de intervencións artísticas en seis espazos urbanos: Praza dos Bombeiros Voluntarios, rúa Vila de Negreira, Biblioteca Rego da Balsa, rúa do Pan, rúa Vila de Noia e Praza do Concello.

Intervencions artistas nas ruas de Carballo polo Dia da Poesia

Ademais, o Concello abre un concurso para publicar o novo talento literario no instagram @carballomola, e podedes enviar as vosas propostas ata o 28 de marzo ao whastapp 604 072 887. Entre todos/as participantes sortearemos varios exemplares dos últimos libros de Rosalía Fernández Rial e Xurxo Chapela asinados polos seus autores.

O Día da Poesía na rede

Galeatro e Rosalía Fdez. Rial descubren que é a poesía:

Nos centros de ensino

A activa Biblioteca Rebolo do IES Parga Pondal:

E o IES Monte Neme:

comentarios