Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo celebrou o seu primeiro pleno telemático da historia

pleno telematico en Carballo
Carballo celebrou o seu primeiro pleno telemático da historia

Aí queda para a historia o primeiro pleno telemático celebrado no salón virtual da rede de Carballo. Tres cuartos de pleno que comezaban coa aprobación das actas anteriores e unha corrección urbanística arredor do solo de Conservas Calvo.

A oposición ao completo abstívose na aprobación de manuais de xestión do patrimonio, e os tres os edís fixeron o propio coa conta de recadación do exercicio 2019, por 11 millóns de euros.

Pola súa parte, os 4 edís populares abstivéronse na aprobación do plan económico financeiro para o período 2020-2021. Un Plan que contou cos votos a facer de TEGA a pesar das súas demandas, solicitando o uso do remanente para o plan de Reactivación. Un momento no que volveu aparecer a chamada Lei Montoro en escea, esa que critican todos os Concellos por ter que manter a regra de gasto a pesar de ter remanente. De feito, Carballo ten que cumprir a estabilidade orzamentaria en 2020 e 2021 por non telo feito en 2019.

En canto a obras, o pleno aprobou o POS+Adicional, con máis de 400.000 para completar as redes de auga e saneamento na parroquia de Verdillo; 140.000 para gasto corrente, feito polo que TEGA se abstivo.

O alcalde, ao remate, explicou que o Concello ten un período medio de pago a proveedores de 29,44 días.

Comentarios