Carballo colabora coa campaña de Alcer de prevención de doenzas renais
Carballo é o único concello da Costa da Morte que colabora coa entidade Alcer, Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, na súa campaña anual de promoción da doazón de órganos.
No marco do proxecto “Alcer 7 vidas”, entidade e concellos tratan de informar á poboación e promocionar a doazón de órganos e fomentar hábitos de vida saudables para o coidado da saúde renal. Adeamis, tamén ofrecen aos veciños e veciñas con enfermidade renal crónica a orientación que precisen sobre os recursos que lles pode proporcionar Alcer Coruña.
Así, por exemplo, este ano xa se realizaron unha serie de obradoiros no IES Isidro Parga Pondal durante o mes de marzo, no que participaron 118 alumnas e alumnos de 1º da ESO. Tamén estiveron en xuño na feira a primeira con dúas mesas informativas. E nestes momentos estase a desenvolver unha acción de difusión sobre a saúde renal e a doazón de órganos a través de Internet.
O programa conta cunha subvención de 1.872,5 euros por parte do concello carballés.