Carballo converteuse nun foro europeo de reflexión sobre a mobilidade sostible
Convertiuse Carballo nun referente continental acollendo esta semana o Congreso Concellos 2030. Desta volta como punto de encontro de institucións e empresas comprometidas co desenvolvemento sostible .
Uns 100 representantes de institucións e as empresas de toda Europa aprenderon reflexionando sobre as novas liñas de desenvolvemento sostible neste foro organizado polo Concello e Gestagua.
O Forum Carballo acolleu durante dous días dunha consellería da Xunta, dúas deputacións provinciais, representantes de máis de 15 concellos dende Salvaterra de Miño ata Alfoz, o Consorcio das Mariñas, consultoras, compañías dos sectores enerxético ou da construción, estudantes e profesionais.
Luís Lamas aproveitou para repasar as catro áreas principais do concello carballés: o ciclo integral da auga, xestión de residuos, a implantación da tecnoloxía led no alumeado público e aforro enerxético; e a mobilidade sostible pechou a xornada deste venres e o congreso.
Fernando Nebot, unha persoa de referencia internacional en cuestións de mobilidade, deu argumentos para manter esa liña de aposta pola mobilildade.
Podedes ver as sesións no Facebook da FEGAMP: