Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Carballo acolle, como modelo de rexeneración urbana e sostibilidade, o Congreso Concellos 2030

Carballo congreso_cidades_2030
Presentación do Congreso
Carballo acolle, como modelo de rexeneración urbana e sostibilidade, o Congreso Concellos 2030

Carballo segue a ser unha referencia en toda Galicia como exemplo de rexeneración urbanística. E así o refrenda organizando, da man da empresa Gestagua e coa colaboración de Urbaser e da Fegamp, o Congreso Concellos 2030. Os días 29 e 30 deste mes, o Forum Carballo acollerá este foro para expoñer e compartir experiencias nos ámbitos do ciclo integral da auga, a xestión dos residuos, a eficiencia enerxética e, por suposto, a mobilidade sostible.

O obxectivo é reunir a técnicos, expertos, universitarios e políticos de toda a comunidade autónoma, para conseguir unha “visión de futuro” ás administracións locais, e ofrecer exemplos como o carballés, que conta cunha rede de saneamento que inclúe ao 95% da poboación, todo un fito en Galicia. Durante a presentación puxeron en valor outras iniciativas carballesas como aposta pola doble captación no sistema de abastecemento de auga, a aposta pola mobilidade sostible, ou o pioneiro que foi o Concello ao implantar a quinta fracción de residous, ou a tecnoloxía LED en todo o alumeado público, conseguindo acadar un aforro do 80%.

O secretario técnico do congreso Manuel Pan, debullou un programa no que participarán nomes como estes:

Ponentes do Congreso Concellos 2030 Carballo

As prazas limitadas, a reserva de prazas realizarase po rigorosa orde de admisión en concellos2030.gal/:, onde está o programa.
O Foro poderá seguirse en streaming.

Novo consello parroquial

Paralelamente, celebrouse onte un novo Consello Parroquial de Aldemunde. O Centro Social no que se desenvolveu podería convertirse ademais en local electoral trala petición da veciñanza. Unha veciñanza que valorou as melloras realizadas pero que segue solicitando obras de saneamento e abastecemento, así como unha limpeza da Ribeira da Pena, que o concelleiro Luís Lamas xa anunciou que se fará coa brigada de persoal perceptor da Risga.

Carballo consello_parroquial_aldemunde

Novas lrelacionadas

Comentarios