Carballo convértese nesta fin de semana na capital das Cidades que Camiñan
Acolle dende xa a vila de Carballo o 8º Congreso Cidadades que Camiñan 2021. Un evento que trae por lema “Andando enténdese a xente”, demostrando que é posible crer nunha mobilidade distinta, máis sustentable. “O camiñar como símbolo da nova cultura urbana” na que tamén se concibe a cidade non só nun espazo para trasladarse, senón tamén de convivencia.
Ao Congreso están anotadas máis de 100 persoas chegadas dende unha trintena de municipios de toda España e México.
Unha das principais accións deste congreso é premiar ás cidades que mellor estàn apostando pola mobilidade sostible. Se Carballo xa recibiu galardón en 2018, este ano tocaralle a Logroño e Soria ser recoñecidas cos Premios Cidades que Camiñan 2021.
Logroño recibe o premio para concellos con máis de 100.000 habitantes, pola gran transformación das políticas de mobilidade integradas nun PMUS, un plan plan de acción que existe desde hai tempo, moi integrado, transversal, moderno, que levou a facer actuacións concretas como a peonalización de rúas, o acougado do tráfico, as melloras de pasos peonís ou o ensanche de beirarrúas en puntos cruciais como as pontes.
De Soria (na categoría de Municipios Medianos, de 20.000 a 100.000 habitantes) valorouse a globalidade da proposta, que non só se centra na peonalización de áreas centrais, senón que tamén ten previsto incidir sobre a reconversión das súas tres travesías (gañando espazo para as beirarrúas, o verde urbano e as bicicletas).
Curioso o feito de que este ano non se presentou ningún concello de menos de 20.000 habitantes. Pola contra o premio Honorífico será para París “polo papel de liderado que exerce a cidade no mundo para a transformación das grandes cidades en espazos máis sostibles”.
NOVAS RELACIONADAS
- 2021: O Rexenera Fest fai Carballo máis camiñable e agradable de pasear”.
- Maio 21: Urbanismo táctico: Mellorando a seguridade nas zonas escolares carballesas.
- Febreiro 2020: Carballo exporta experiencia en medidas de mobilidade urbana.
- Setembro 2020: As bicis e o pedibús protagonistas no último día da Semana da Mobilidade de Carballo.
- Xuño 2020: Carballo, entre as 10 cidades europeas de menos de 100.000 habitantes con mellores prácticas ambientais.
- 2019: Carballo, o único Concello que utiliza a palabra sostibilidade.
- 2018: Carballo recibiu en Badaxoz o Premio Ciudad que Camina 2018.
- 2014: A documental que derruba muros con pintura .