Carballo estrea un novo punto para renovar a tarxeta de demanda de emprego
08:05 11/10/17
O novo Punto SPEG quedou instalado esta semana no edificio de Servizos Múltiples da avenida do Ambulatorio
Os veciños e veciñas de Carballo e da contorna contan dende esta semana cun novo lugar onde renovar a súa tarxeta de demanda de emprego. Así, quedou insalado no edificio de Servizos Múltiples - ubicado na avenida do Ambulatorio - un Punto SPEG. Trátase dun posto de autoservizo que achega e facilita a comunicación entre o cidadán e o Servizo Público de Emprego de Galicia, ao tempo que permite realizar certas xestións sen necesidade de acudir a unha oficina de emprego.
Deste xeito, o Punto SPEG permite renovar a demanda de emprego mediante pegada dactilar, acceder ás ofertas de traballo ou ás páxinas web dos diferentes servizos públicos de emprego autonómicos e estatal. Sen embargo, para poder renovar a demanda debe acudirse previamente á oficina de emprego para rexistrar a pegada dactilar e así darse de alta no sistema, pero a partir dese rexistro xa se poderá operar desde calquera punto de información da comunidade autónoma.
Maica Ures - concelleira de Igualdade e Benestar de Carballo - valorou de xeito positivo a instalación do punto de información, xa que achega o servizo á cidadanía e convértese nun recurso máis para as persoas usuarias do departamento de Servizos Sociais.
A pranta baixa do Fórum de Carballo acolle a oficina de emprego.
Novas relacionadas
- O director da SEPE visita as futuras oficinas de emprego de Cee
- O Servizo de Emprego trasládase ao Fórum Carballo
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo