2ª FUTGAL: O Xallas peta na mesa nunha xornada de remontadas
Unha semana despois de poñerse de líder, o Xallas bate na mesa, vencendo na Grixa. Tremendo o que está a facer o cadro de Doriño, que non tiña este obxectivo e que está cos pés na terra, pero soñando con alzarse co seu segundo título e ascenso en 3 anos, todo con xente da casa.
Queda moito aínda, en calquera caso, e a loita polo título e polas dúas prazas de promoción seguen moi vivas entre os 4 de arriba, con San Lorenzo, o propio Porteño e o Baio nun pano de 5 puntos.
Foi ademais nun día de remontadas ademais, que se viviu no fermoso carrusel dominical de www.futboldacosta.com, como a do San Lorenzo (épica remontada tras un 3-0 no Pinguel que rompe fin a unha mala serie de 5 partidos sen gañar, e que coloca aos de Iván Rojo na 2ª praza), a do Louro ante o Zas na loita por evitar o descenso, ou a do Malpica ante o Sofán B, para evitar problemas e poder concentrarse na final da Copa.
Por abaixo, os 2 ou 3 arrastres fan que a pelexa por evitar os 4 ou 5 postos de descenso sexa campal. Ata o Cabana, que vencía ao Soneira e se colocaba 7º, non pode respirar, porque fica a só 4 puntos do Ponteceso, que marca a día de hoxe, empatado co Corcubión, esa hipotética 5ª praza de descenso se hai 3 arrastres da 1ª.
Ponteceso - San Lorenzo (3-4)
- Ponteceso: Brais, Dani Rod., Pedro, Luca, Adrián Pose, David, Alberto Recarey, Javi Souto, Iván Rod., Eloy Álvarez e Neira. Tamén: Darío, Eloy, Juan Rey, José Ramón, e Mario.

- San Lorenzo: Javi Souto, Dani Cotelo, Alberto, Pablo Garrido, Hugo Pereiro, Javi, Alex Vázquez, Alex Taibo, Corral, Iago e Diego. Tamén: Mario, Isma, Hugo Canedo, Hugo Pensado e Pape.
- Goles: 1-0, m.37: Eloy Álvarez; 2-0, m.45+2: Eloy Álvarez; 3-0, m.60: Eloy Álvarez; 3-1, m.73: Javi Pérez de penalti; 3-2, m.81: Pape; 3-3, m.84: Javi Souto; 3-4, m.95: Hugo Pereiro.
O Ponteceso e o San Lorenzo firman un partidazo incrible con emoción ata o final e unha remontada épica. Comezou o Ponteceso deixando dominar o San Lorenzo, que controlaba o balón pero sen demasiada clarividencia. A primeira clara tivoa Neira nun man a man que marchou por centímetros. Seguía o dominio vermello pero o Ponteceso estaba moi serio defensivamente, comezando a saír as contras. Nembargantes, sería nun corner botado ao segundo pao que Neira devolvía ao primeiro e nunha saída dubitativa do porteiro con unha posible falta deixaría o balón para que Eloy a empuxase. Abríase o partido e noutra carreira de Neira dende a súa área deixaba un 2 vs 1 que finalizaría Eloy cunha fermosa vaselina.
Os de Jorge Guillamet mantiñan o mesmo plan ante un cadro de Iván Rojo que se metía moi arriba, pero cando mellor estaban apretando o Ponteceso parecía sentenciar cunha nova contra na que Eloy completaba o seu hat trick. Pero na lLga da Costa non te podes relaxar, e un penalti provocado por Corral e protestado polos locais, metía ao SanLo no partido, que metía o segundo no rexeite dun tiro que ía fora pero que Pape controlou para machacar e o terceiro un verdadeiro golazo de tijera de Javi Souto
O partido merecía o xusto empate, pero no último córner o San Lorenzo daba a volta ao partido ante un Ponteceso que se desmoronou físicamente e que non desmerece o esforzo a pesar da derrota. Queda o Ponteceso en posicións moi perigosas polos arrastres, mentres que o San Lorenzo ameaza o liderato do Xallas.
Outes - Muros (0-2)
- Outes: Dani Rod., Claudino, Sanchiño, Marcos Orodea, Adrián, Xabi, Alberto, Martín, Hugo, Keko e Manel Carou. Tamé: Dani Torea, Hugo Sieira, Adrián Rey, Kevin Lariño e Carlos Romero.

- Muros: Aitor, Juan Rey, Ferreiros, Iván, Jesús, Je, Manu Tajes, Ra, Alon, Fran, Xabi. Tamén: David Lestón, Marcos Candamo, Alex, Dani Jurjo e Benji.
- Goles: 0-1, m.35: Xavi; 0-2, m.63: Fran remata un centro de Je.
Vitoria importantísima para o Muros, que fixo un partido moi serio no Cunchido a pesar das baixas. Pero a conseguiron facer da necesidade intensidade, e foron quen de aguantar, aproveitar os momentos e sufrir. Comezou dominando o cadro de Geno, sen demasiado perigo, pero controlando o tempo do partido, ata que un groso erro do porteiro local na saída do balón era aproveitado por Xavi para abrir o marcador. Fixo dano ese gol no cadro da Serra que sufriu ata o descanso.
Intentaron repoñerse os locais na segunda, dando un paso adiante, pero as pernas, nin a cabeza non deron ao cadro local, e o Muros conseguiu aproveitar un dos seus peores partidos da temporada dos locais, cunha gran contra levada por Je e finalizada por Fran. Aínda Xabi perdoou o terceiro pero o Muros queda na 4ª praza por abaixo, con Ponteceso e Corcubión a tiro de 2 puntos.
Cabana - Soneira (3-0)
- Cabana: Manu Nantón, Aarón, Alex Costa, Noé Eiroa, David Rey, Yeray, Migueliño, Julián, Simón, Brais e Xabi Parga. Tamén: Diego, Mario, Marco, Pablo Pose e Joel.
- Soneira: Dono, Maikol, Cristian, Gusa, Nico, Mario, Brais Pereira, Adrián Canosa, Pichi, David LP. Tamén: Brais, Aarón, Héctor, José Antonio e Jesús.
- Goles: 1-0, m.36: Yeray nun córner; 2-0, m.74: David Rey tras xogada de Migueliño; 3-0, m.84: Migueliño.
Castigo excesivo se cadra para o Soneira nun partido igualado e espeso, cos dous equipos en bloque medio, sen riscos, no que o Cabana estivo mellor nas dúas áreas. Saíu algo mellor o Soneira, a pesar das numerosas baixas, cun par de ocasións pero Manu salvou aos de Mingui, que co paso dos minutos foi mellorando e acabana poñéndose por diante nun córner.
Na segunda metade, os de Josiño Abelenda deron un paso adiante e tiveron 20-25 minutos moi bos, xerando un par de ocasións claras para empatar, pero sen acerto. Co paso dos minutos e cos cambios, os de Óscar Mingui foron recuperando o balón e as ocasións e apareceu a calidade de Migueliño para ampliar a renda.
Porteño - Xallas (0-1)
- Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Brais Mouzo, Álvaro, Alan, Sandelo, Alfredo, Baba, Gabri e Bruno. Tamén: Joel, Yuyo, Martín, Iván e Pablo.
- Xallas: Iván Couto, Yago Facal, Elvis, Adrián Couto, Garci, Dani Barbeira, Doro, Bryan, Rubén Blanco, Rubén Sande, Sergio Barbeira. Tamén: Íker, Martín, Macareno, Peke, e Alberto.
- Gol: 0-1, m.10: Bryan tras un penalti sobre Elvis nunha xogada a balón parado.
O partido da xornada e un dos partidos claves deste final de temporada. Chegaba o Xallas á Grixa cun punto de vantaxe sobre o Porteño, tras arrebatarlle o liderato a semana pasada e se prevía un choque de infarto, como así foi, de alto voltaxe e intensidade. Saíu Doriño cun perfil máis forte e alto, deixando a Macareno e Peke no banco.
Comezaba o Xallas esperando, pero nunha acción a balón parado, o colexiado viu un agarrón sobre Elvis (un dos mellores do partido) que Bryan transformou moi pronto. Intentouno o cadro de Mayor por todos os medios, ante un Xallas replegado e sabendo sufrir, e tiveron varios achegamentos á portería de Iván Couto, a máis clara, xusto antes do descanso, nun remate de cabeza de Pejo, que se foi arriba por pouco. Á contra intentouno Rubén Sande, pero non era quen de levar o control do balón con claridade no céspede da Grixa.
Continuou o mesmo guión na segunda, co Porteño apretando e apretando toda a segunda metade, e o Xallas aguantando as embestidas, cada ameaza a balón parado. Nunha contra Rubén Blanco pediu un penalti e xusto antes de acabar o Porteño conseguía marcar, pero o colexiado anualaba o tanto por fóra de xogo a pesar das protestas da parroquia local.
Queda a Liga da Costa moi viva, pero o Xallas deu un paso importante, tendo por diante choques fronte Cabana, Malpica, Outes, Corcubión e Zas.
Monte Louro - Zas (3-2)
- Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Chano, Rodri, Adrián, Abel, Álvaro Fari, Luismi, Xián e Javi. Xaco, Flavio, Manolo Chouza e Iker e Juan Lois.
- Zas: Pereiras, Darío, Moha, Joel, Álvaro Fari, Juan Touriñán, Estefan, Ronny, Redondo, Chiki e Andrés. Tamén: Braulio e Adrián.
- Goles: 0-1, m.35: Redondo a pase de Chiki; 0-2, m.54: Andrés; 1-2, m.65: Rodri tras un barullo nun córner; 2-2, m.66: Álvaro Fari; 3-2, m.88: Chano.
Vitoria heroica do cadro de Bibi ante un Zas que no día D chegou ao Agra da Filgueira con 13 xogadores, entre eles o rescatado Braulio, que aos seus 42 anos volvía xogar 15 minutos en categoría sénior. O encontro tivo tensión, moita disputa e pouco fútbol elaborado, nun deses partidos nos que cada detalle pesa máis do habitual. Xa nos primeiros compases quedou claro que ía ser unha tarde movida: anuláronse dous goles en cada portería por fóra de xogo, por mor da presenza de liñas no campo loureán. Co paso dos minutos o partido foi entrando nun ritmo máis trabado, con moito empuxe e pouca continuidade no xogo.
O equipo local dominaba algo máis pero á media hora chegou a acción que abriu o marcador. Chiki realizou unha boa xogada e serviu un balón que Redondo, cunha volea, converteu no 1-0 para o Zas. Un gol que premiaba o empuxe local e que permitiu aos zasenses marchar por diante ao descanso.
Tralo paso polos vestiarios, o Zas volveu golpear. Andrés apareceu para marcar o 2-0 e ampliar a vantaxe nun momento no que o encontro parecía encamiñado. Pero, a partir do minuto 60 o partido mudou por completo cunha expulsión protestada a Estefan, que obrigou ao Sporting a xogar con dez nun contexto especialmente duro, xa que o equipo xa chegara moi xusto de efectivos por lesións e sancións.
A partir dese momento, o Montelouro deu un paso adiante e comezou a empuxar con insistencia, sobre todo a través de accións a balón parado e balóns ás costas. Esa presión tivo premio e os visitantes lograron igualar o encontro, cun gol de Rodri nun córner e outro inmediatamente despois de Álvaro Fari, aproveitando a inferioridade local e o desgaste acumulado. O Zas aínda tivo unha ocasión clarísima para volver poñerse por diante, cun man a man do eterno Braulio que salvou con acerto o porteiro local Pedro, xogada na que ademais se lesionaba o propio dianteiro zaseiro.
E xa no tramo final, cando o Sporting trataba de resistir e manter polo menos un punto, o Montelouro culminou a remontada e conseguiu o terceiro tanto por medio de Chano. Boas novas para o Monte Louro que recupera a Íker tras meses de lesión e a Juan Lois, que levaba máis dun ano parado. Peor pintan as cousas para o Zas, que queda pechacancelas pero a só 5 puntos de Ponteceso e Corcubión.
Malpica - Sofán B (3-2)

- Malpica: Abdou, Saúl, Pablo, Damián, Garci, Cristian, Chucho, Fran, Aday, Saydou e Chicha. Tamén: Joel, Lou, Mara, Cristian e Brais Calvo.

- Sofán B: Diego Rama, Marcial, Diego Rod., Iván, Dani Calvete, Asier, Rubén, Mateo, Dani Rod., Isma Ramos, Adrián Vázquez. Tamén: Eloy, Eloy Cabeza, Nachete e Álvaro.
- Goles: 0-1, m.10: Dani Calvete penalti: tras un saque de banda; 0-2, m.22: Diego; 1-2, m.25: Saydou; 2-2, m.33: Fran tras erro entre porteiro e defensa; 3-2, m.52: Aday Mato.
Perdeu unha boa ocasión de safarse de problemas o filial carballés poñéndose con 0-2 ante un Malpica que seguramente ten a cabeza xa posta na Copa, pero coa necesidade aínda de sumar varios puntos para respirar tranquilo. Comezaba marcando o Sofán tras un penalti de Abdou sobre o dianteiro visitante que transformaba así transformaba o primer gol da tarde os do Carral. O Malpica, con todo, dominaba algo máis, con algunha boa transición, ante un serio cadro de Zalo, que facía o segundo tras saque de banda longo, que aproveitaba Diego de cabeza tras unha peiteada.
Reaccionaba o cadro de David Baña e chegaba o 1-2 tras unha xogada pola banda de Fran que centraba e deixaban botar o balón na área, apañouna Saydou coa cabeza e doulle o toque suficiente para acomodola e tranformalo en gol. O filial non espabilou e pouco despois viña o segundo tras unha xogada espectacular que saía de Cristian, collia a Saydou que arrancaba polo medio abrindo moi ben o balón para Chicha que asiste a Fran e vaise o descanso co empate no marcador.
Nada máis empezar a segunda parte tería o Malpica o último gol da tarde tras un saque de banda directo que despexa mal o defensor visitante e aproveita Aday para facer unha volea colocada ao pau alonxado do porteiro que nada pudo facer.
O partido, algo bronco e lento, tivo algunha xogada máis nas dúas áreas. Lou e Aday puideron ampliar a vantaxe, pero Pepucho, que tivo que poñerse as luvas para substituír ao lesionado Abdou, fixo un paradón a unha de Dani Rod. que vale unhas semanas de respiro.
Baio - Mazaricos (3-1)

- Baio: Rodri, Norberto, Pazos, Pablo Rod., José Ángel, Gabin, Miki, Chechi, Cheti, Damián, MC. Tamén: Yag, Javi, Josiño, Manu Vila e Lucas.
- Mazaricos: Ángel, Luís Mayán, Borja, Sergio, Yeray, Marito, Fran, Steven, Álvaro, Marcos, Molinos. Tamén: Chumico, Samu Lema, Raúl, Dani Periscal e Fabián.
- Goles: 1-0, m.30: Damián a pase de MC dende o borde da área; 2-0, m.71: MC de penalti ao panenca; 3-0, m.74: MC de picadita no man a man; 3-1, m.90: Chumico.
Volvía o Baio ao Platas Reinoso trala emotiva reinauguración da semana pasada, e facía aproveitando o novo céspede, buscando ter o dominio de balón, e combinar máis. Tocaba e tocaba o Baio, tendo algún achegamento por medio de Cheti, MC, ou Damián, que obrigaba a Ángel a facer un paradón. Pero as transicións dos de Periscal eran boas, trenzando moi ben e chegando á área rival como unha de Molinos que lle saca Rodri co pé.
Pero aparaecía MC, que volveu ser protagonista a pesar de non estar ao 100%. O baiés recibía na esquina, aguantaba e cedía ao borde da área para que Damián colocase co exterior o balón ben pegado ao pau para abrir o marcador.
Seguía o partido bastante igualado, ata que no minuto 70, o colexiado sinalaba un protestado penalti cando un defensa mete o pé diante de MC cando estaba armando o tiro. O propio MC marca, as diferencias, de panenca. Aínda tivo outra o punta, pouco despois cun balón que colle ás costas da defensa se planta diante de Ángel e lle fai unha fermosa picadiña.
Corcubión - Corme (3-3)
- Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Castreje, Jose, Martín, Alex Díaz, Luís Lojo, Iago, Mario e César Lojo. Tamén: Fernando, Castro, Iker, Antón e Trillo.
- Corme: Adrián Suárez, Eloy, Aitor, Joshua, Álvaro, Senén, Brais Pailos, Borja Torrado, Lucas, Isra e Samu Costa. Tamén: Hugo Paredes, Mauro, Teo, Martín e Xoel.
- Goles: 1-0, m.15: Luís de cabeza a centro de César Lojo; 1-1, m.22: Isra tras un erro da defensa local; 2-1, m.41: Luís Lojo; 2-2, m.46: Borja Torrado controla e marca un golazo; 2-3, m.60: Isra nunha contra; 3-3, m.93: César Lojo nun barrullo.
Rescatou o Corcubión un punto ante o Corme nun choque no que os dous equipos necesitaban os puntos para librarse de problemas cos arrastres. A primeira parte estivo moi igualada se cadra con máis ocasións dos locais ante un serio Corme. Só Luís abría o marcador ao cuarto de hora cun fermoso gol de cabeza. De aí ao descanso os de Ángel foron mellores, aproveitando Isra un erro para empatar, e puidendo poñerse por diante, cunha clara de Borja que paraba entre Bruno e o pau, e era o Corcubión o que se metía por diante.
Seguíu o Corme mellor na segunda, indo polo partido e conseguindo empatar de contado cun golazo de Borja Torrado. Seguiron levando o peso do partido os visitantes ante un Corcubión que buscaba a velocidade dos seus arriba, e noutra xogada combinativa Isra remataba e metía en vantaxe aos cormeláns. Puido sentenciar Samu Costa pero o partido seguía aberto, cun Corcubión que a pesar de quedar con 10 pola expulsión a Goche, non se foi do partido. Non foi un vendabal pero foi apretando e cando parecía que xa se lle escapaba, un barullo na área permitía aos locais a rescatar un punto co que xa non contaban.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.25: O Xallas ponse de líder mentres a zona baixa está tremenda.
- X.24: O Porteño asalta o liderato nunha Liga extremadamente comprimida.
- X.23: O Monte Louro asalta Verdillo e volve a comprimir a táboa por arriba e por abaixo.
- X.22: Táboas.
- X.20: O Soneira frea ao San Lorenzo no Irmandiño.
- X.19: O San Lorenzo escapa e aprétase o segundo vagón.
- X.18: Está tola esta Liga da Costa.
- X.17: O SanLo estira unha táboa que se comprime por abaixo.
- X.16: O pinchazo dos de arriba apreta a táboa.
- X.15: Tolemia de goles para acabar a primeira volta.
- X.14: A ritmo da Hypertensión.
- X.13: O Malpica bate ao San Lorenzo e pecha o ano no liderato
- X.12: O Malpica bate ao Xallas en Fontenla.
- X.11: Os David puideron cos Goliat.
- X.10: Igualdade máxima.
- X.9: O Baio vence ao Xallas e o Malpica toma o mando no Cairo.
- X.7: O Mazaricos frea ao Xallas.
- X.6: O Xallas fica líder en solitario.
- X.5: Malpica e Xallas quedan ao mando.
- X.4: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias.
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información<
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com