Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Carballo licita as obras de derrubo das das antigas casas dos mestres para a creación do Centro Social

Casas dos mestres carballo
Casas dos mestres
Carballo licita as obras de derrubo das das antigas casas dos mestres para a creación do Centro Social

Avanza o proxecto de creación dun Centro Social no espazo que aínda ocupan as Casas dos Mestres de Carballo. O Concello carballés vén de licitar as obras de demolición das antigas casas dos mestres, primeiro paso para poder acometer a construción dun edificio que dea acubillo ás entidades do noso concello que desenvolven a súa actividade no eido social.

A realidade é, segundo unha memoria técnica, que as edificacións, que ocupan un total de 2.648,70 metros cadrados, contan con “multitude de patoloxías” que as fan inservibles, polo que cómpre derrubalas.

As empresas interesadas teñen de prazo ata o 9 de outubro para presentar as súas ofertas, por algo menos de 200.000€ e cun prazo máximo de execución de tres meses.

Novas relacionadas

Comentarios