Carballo marda zocas con café
Bonita colaboración a que lanzan este mes de novembro as marcas carballesas Zocas e Cafés Lúa. Unha colaboración que mestura deseño, aroma e tradición artesanal, poñendo en valor o papel, o talento, o deseño e a calidade de dúas empresas de Carballo que coidan o produto tanto por dentro como por fóra.
Durante todo o mes de novembro, o escaparate de Zocas transformarase nun pequeno universo cafeteiro que une dous mundos que comparten paixón polo traballo ben feito.
No interior da tenda ofrecerase aos visitantes a oportunidade de descubrir e degustar gratuitamente os seus aromas e sabores únicos. Ademais, os produtos de Cafés Lúa (que xa percorren a península polas feiras gastronómicas como un dos produtos da proposta da Deputación "A provincia que sabe") estarán á venda en Zocas, permitindo levar un anaco desta colaboración á casa.
Para completar a experiencia, durante este mes todos os agasallos empaquetados en Zocas incluirán unha taza decorativa, símbolo desta unión entre moda e café, tradición e creatividade.