Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Carballo pecha o Verán Cultural coa homenaxe ao Xestal

homenaxe a Xestak en Carballo
Carballo pecha o Verán Cultural coa homenaxe ao Xestal

O festival de homenaxe a Carlos O Xestal pecha as grandes actuacións dun completísimo Verán Cultural. A cita será este sábado 18 de agosto, para celebrar o 90º aniversario do nacemento e o 30º do pasamento do humorista 
O festival celebrarase, en principio, na Praza do Concello, pero se chove a celebración trasladarase ao auditorio do Pazo da Cultura.
O festival de homenaxe a Carlos O Xestal arrincará ás 21.30 horas coa intervención de Alba Bermúdez e Tone Martínez, de Galeatro, que exercerán como presentadores e animadores da velada. Ao longo da noite pasarán polo escenario a Banda Municipal de Gaitas, os grupos de música e baile tradicional das asociacións Nemeth e Arume de Verdillo, e o Coro Aires de Bergantiños, agrupación fundada por Carlos O Xestal e que, polo tanto, non podía faltar a esta cita anual.

Próximas actividades

Así mesmo, o sábado, hai a Festa do Naufraxio, organizada pola comisión de festas de Razo, e a Festa da Praia, unha proposta do programa Eu quero Razo-Baldaio para desfrutar en familia. A Festa da Praia arrincará a partir das 12.00 horas con xogos infantís, algúns en formato xigante, obradoiros de circo e de chapas e o regreso do Chef Solar, un espazo de exposición- demostración de distintos produtos feitos en cociñas solares que tivo moi boa acollida o ano pasado. Haberá modelos diferentes para introducir aos asistentes aos principios básicos da cociña solar e o seu manexo, ademais de realizar unha exposición sobre a cocción solar e de abrir as portas á reflexión sobre a crise climática, enerxética e social. E pola tarde, a partir das 17.00 horas, máis Festa da Praia con Circus Magnificus e o espectáculo O máis difícil todavía.

O sábado 19 tamén se celebrará outra actividade con moitísima aceptación, a Noite de Astronomía que forma parte do programa Eu quero Razo-Baldaio e que coordina a Agrupación Astronómica Coruñesa IO. As prazas xa se cubriron o primeiro día de inscrición.

E ademais da Noite de Astronomía, na zona de Baldaio tamén temos unha cita gastronómica, porque o sábado 19 celébrase en Imende (Noicela) a Festa do Berberecho, organizada pola ADCR Baldaio, con degustación a partir das 12.30 horas, música, sesión vermú e verbena.

Tamén quedan un par de citas do cine ao aire libre na Praza do Concello, serán os días 23, en Cances, e 31, no barrio da Milagrosa.



 

Comentarios