Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo pon en marcha os consellos parroquiais

Carballo pon en marcha os consellos parroquiais
Reunion-do-alcalde-cos-vecinos-da-Ardana Reunión do alcalde cos veciños de Ardaña. Imaxe de arquivo Esta tarde arrancan no Fórum de Carballo os consellos parroquiais. Este encontro, que terá lugar ás 20:30 horas, ten como obxectivo impulsar a participación veciñal e que se desenvolverá en todas as parroquias do municipio. Así o encontro desta tarde está aberto a todas as entidades e colectivos do concello, así como toda a veciñanza interesada. Na presentación, o alcalde, Evencio Ferrero, acompañado polo equipo técnico que se encargará do desenvolvemento do proceso, explicará en detalle os obxectivos e as diferentes fases da posta en marcha dos consellos parroquiais, unha das ferramentas de participación recollidas no actual Regulamento de Participación Cidadá. Esta ferramenta de participación funcionará como unha canle de comunicación formal entre a veciñanza e o concello, incrementando o nivel de transparencia e de eficacia da xestión municipal. Así mesmo, a posta en marcha deste tipo de mecanismos de participación facilitará que os veciños e veciñas adquiran progresivamente un papel máis activo na toma de decisións que lles afectan. Novas relacionadas Fonte

Comentarios