Carballo pon en marcha unha campaña informativa sobre a vespa velutina nos centros educativos
07:07 17/01/18
O Concello de Carballo retirou o ano pasado 647 niños
A partir de hoxe os nenos e as nenas de Carballo saberán moito máis sobre a vespa velutina e mesmo poderán colaborar, xunto coas súas familias, a loitar contra a propagación desa especie invasora. O concello de Carballo, en colaboración coa empresa encargada do servizo de control de pragas, Plaguiber, e apicultores locais pon en marcha unha campaña informativa especificamente deseñada para escolares. Esta iniciativa conxunta, na que participan as concellerías de Educación, Medio Ambiente e Obras e Servizos, trata de sensibilizar á poboación, empezando polos máis pequenos e pequenas, sobre un problema que está a causar estragos en toda Galicia. Precisamente, o ano pasado retiraronse 647 niños no municipio carballés.
A campaña comezará nas escolas unitarias. A primeira sesión é hoxe na de Mirón, pero xa están pechadas tamén as datas para A Rega (día 19), Berdillo (22), Artes (23), Xoane (24), Cances (25) e Sísamo (26). A xornada informativa desenvolverase de
12.00 a 13.00 horas. A proposta foi trasladada desde a concellería de Educación a todos os centros, que amosaron o seu interese en participar.
Cada sesión incluirá unha exposición básica sobre a vespa asiática, que irá acompañada por unidades didácticas adaptadas ás diferentes idades dos escolares. Persoal da empresa concesionaria e apicultores amosarán aos nenos e nenas un niño primario,
outro secundario completo e outro seccionado para que vexan o interior; así como unha pértega, un traxe e outro material utilizado na loita contra a velutina. Ademais, a formación incluirá a construción dunha trampa caseira. Por iso, pídese que cada
alumno/a leve dúas botellas de plástico para aprender a facer a trampa que poderán utilizar na vindeira primavera para contribuír a reducir a presenza de vespas.
Novas relacionadas
- 04.01.18: Balanzo dun ano da “Guerra da Velutina” en Carballo
- O EFA Fonteboa acolle un obradoiro de técnicas de loita contra a vespa velutina
- Atacado polas velutinas logo de pisar un niño co seu tractor
- Malpica colle o relevo de Santa Comba na loita informativa contra a avespa velutina.
- O servizo de control de pragas de Carballo retirou 380 niños de vespa velutina no que vai de ano.
- A loita contra a avespa velutina xa enche ata os auditorios
- Os voluntarios de Protección Civil de Malpica retirou medio centenar de avespa velutina.
- O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes.
- “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.
- Agosto 2017: Santa Comba recibe un novo traxe para loitar contra a avespa velutina.
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina.
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo