Luns. 06.05.2024
El tiempo

Alto interese na presentación da Comunidade Enerxética Local de Carballo

Forum Carballo Comunidade Enerxerica Local
Boa expectación para a xornada de presentación
Alto interese na presentación da Comunidade Enerxética Local de Carballo

Máis de 50 persoas asistiron este venres ao Forum Carballo á presentación do informe previo á implantación dunha comunidade enerxética local. O concelleiro de Innovación, Fondos Europeos, Formación, Emprego e Axenda Urbana, Iván Andrade, e o técnico da unidade de xestión enerxética da Deputación da Coruña, Xosé Manuel Golpe, presentaron no Fórum Carballo o estudo previo realizado sobre este proxecto para crear un sistema de xeración de enerxía para autoconsumo.
A comunidade enerxética local fará posible a produción de enerxía dun xeito local e máis sostible, así como a optimización dos investimentos públicos e privados en enerxías renovables, almacenamento e redes eléctricas.

Xosé Manuel Golpe e Ivan Andrade presentando a Comunidade Enerxetica Local de Carballo
Xosé Manuel Golpe e Ivan Andrade presentando a Comunidade Enerxetica Local de Carballo

Un dos primeiros edificios que poden servir para arrincar o proxecto é o propio Fórum Carballo, que cualificou como un punto idóneo dado que todas
as cubertas son planas e case non hai sombra, poderían instalarse 184 paneis, que xerarían a enerxía suficiente para 34 vivendas cunha instalación tipo de 100Kwp.


A comunidade enerxética local é unha entidade xurídica promovida, neste caso, polo Concello de Carballo, á que poderán adherirse tanto cidadáns a título particular coma empresas ou outras institucións. Neste caso, para ser membro do colectivo non será precisa a colaboración económica da veciñanza, que, porén, poderá beneficiarse de aforros na factura eléctrica.

PASOS

Os seguintes tres pasos que habería que dar serían acadar o acordo das persoas interesadas, elaborar o proxecto técnico da instalación de
xeración e constituír a comunidade enerxética
para seguir avanzando no proceso.
 

Comentarios