Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo, punto de encontro de dramaturgos do noroeste peninsular

O director da Agadic, Jacobo Sutil, participa na presentación en Galicia do programa Camiño Escena Norte, de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e País Vasco.

 FOTOS CONCHI PAZ
O director da Agadic, Jacobo Sutil, participa na presentación en Galicia do programa Camiño Escena Norte, de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e País Vasco: FOTOS CONCHI PAZ
Carballo, punto de encontro de dramaturgos do noroeste peninsular
Carballo, punto de encontro de dramaturgos do noroeste peninsular

Serve o FIOT de fervedoiro cultural. E non só para os espectadores, que esta fin de semana disfrutan de innumerables propostas. Senón tamén para os creadores como o demostra a chegada á capital de Bergantiños do proxecto, “Escena Norte Idea”, unha xornada de reflexión sobre o o poder conector e vertebrador do Camiño do Norte, a través das artes escénicas e a diversidade cultural.

O encontro desenvolverase este mércores 9 de outubro no Pazo da Cultura, para convertirse nunha experiencia colectiva de creación entre 17 profesionais da dramaturxia, chegados de Galicia, Asturias, Euskadi e Cantabria.

A xornada incluirá tres mesas de debate sobre a creación dramatúrxica na actualidade, a promoción, distribución e difusión noutras linguas diferentes ao castelán e as novas dramaturxias, no que participarán creadores das catro autonomías, como Quico Cadaval, Xron, Santiago Cortegoso, Vanesa Sotelo e Roberto Salgueiro (Galicia), Laura Iglesias (Asturias), Carlos Troyano (Cantabria) e Patxo Tellería (Euskadi), entre moitos outros.
Ademais haberá unha dinámica de traballo participativa sobre creación escénica e interculturalidade e unha experiencia colectiva de creación express coordinada por Santiago Cortegoso (previa inscrición, gratuíta, en [email protected]).

A xornada será aberta, de 10.00 a 19.30 horas no Salón de actos do Pazo da Cultura de Carballo.

Camino Escena Norte

Esta xornada forma parte da programación expandida deste proxecto, que promove en Galicia a asociación Escena Galega coas súas asociacións colaboradoras en Euskadi (Eskena), Asturias (EscenAsturias) e Cantabria (ACEPAE). En cada un dos territorios ten lugar unha xornada de reflexión arredor das artes escénicas enfocadas a temáticas máis aló da pura relación espectáculo-público, como a mediación coa cidadanía, o desenvolvemento económico ou a dinamización do medio rural.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios