Venres. 25.09.2020
El tiempo

Carballo rende homenaxe ao pan cunha escultura

Carballo rende homenaxe ao pan cunha escultura

O amor de Carballo polo pan vén dunha tradición secular. Un produto que identifica a Carballo, a cada carballés. De aí a intención o Concello de confirgurar unha iconografía propia, utilizando aqueles elementos escultóricos que mellor representan a vila.

Carballo inauguraba onte un novo emblema no Parque Rego da Balsa, o Monumento ao Pan, nun acto con Ángeles Ares, en representación da Asociación Cultural Lumieira; o historiador Xan Fraga; o escultor Acisclo Manzano, autor da obra, e o alcalde, Evencio Ferrero, no que ademais agasaballaron cun moletiño aos que se achegaron.

O Monumento ao Pan foi unha iniciativa da comprometida Asociación Cultural Lumieira, que pensa no pan como “símbolo de fertiilidade” e pensou esta escultura como agradecemneto aos panadeiros e panadeiras.

O Concello ademais entregará unha copia dunha viñeta enmarcada de Xaquín Marín a cada un dos 20 fornos activos no Concello carballés.

O artista ourensán irmandou o pans de Cea e de Carballo, e Evencio Ferrero agradeceu a insistencia de Farruco Fraga e explicou que a escultura representa “á deusa Ceres, que daba orixe aos cereais e ao pan, aos alimentos; as formas redondeadas están identificando o molete carballés e despois está o pobo, o que desfruta dese manxar que é o pan”.

comentarios