venres. 09.05.2025
El tiempo

Carballo renova o seu mobiliario urbano con pezas feitas no obradorio de carpintería

Carballo renova o seu mobiliario urbano con pezas feitas no obradorio de carpintería
obradoiro-carpinteria-carballo obradoiro-carpinteria-carballo Nos vindeiros meses varias rúas de Carballo mudarán parte do seu mobiliario urbano (bancos, cubre-contedores, paneis informativos,...) por outras pezas novas que están a deseñar e fabricar o alumnado do obradoiro de emprego de Revalorización de espazos urbanos. “Estamos a facer unha proba do banco a escala 1/1 para que o valoren os servizos técnicos do concello, e que tanto eles como o propio alumnado poidan aportar as súas ideas”, explica Andrés Seoane, director do obradoiro. Todo o mobiliario será de madeira, pero tamén se empregará aceiro, polo que o obradoiro de emprego traballará en colaboración co curso AFD de soldadura que tamén se está a desenvolver nas instalacións do Fórum. A maiores, o alumnado do obradoiro fabricará tamén mobiliario para completar o equipamento do novo centro social de Ardaña. Carballo acolle por primeira vez un obradoiro de emprego para mozas e mozos sen emprego e inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Son 11 alumnos e 1 alumna, tod@s do municipio carballés, teñen idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos (a media é de 26) e carecían de experiencia previa no sector. Cursos soldadura e electricidade Para desempregados/as van dirixidos tamén os dous cursos AFD que están en marcha xa nos talleres de soldadura e electricidade do Fórum. En total hai 42 persoas formándose nestes momentos no complexo carballés. E o mes que vén incorporaranse outros 30, porque en decembro arrancarán os cursos de Programación de sistemas informáticos (608 horas) e Servizo de bar e cafetería (658 horas). Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo
 

Comentarios