Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo repobla as súas zonas verdes no día da Árbore

Carballo repobla as súas zonas verdes no día da Árbore
Os voluntarios e voluntarias de Senda Nova repoboaran a zona do Rego da Balsa Os voluntarios e voluntarias de Senda Nova repoboarán a zona do Rego da Balsa Grazas á iniciativa da asociación ecoloxista Senda Nova, en colaboración co concello de Carballo e coa asociación de veciños a Fonte Salgueira de Vilela-Entrecruces, a zona do Rego da Balsa de Carballo contará cunha nova plantación de varias especies de árbores autóctonas. Esta actividade, aberta a todo o público que desexe participar, enmárcarse dentro das xornadas de Interpretación do Bosques e coincide coa celebración do día da Árbore que será o 21 de marzo. Os interesados en participar na plantación tan só deben de achegarse ás 11 horas ata a zona provisto dun cubo e dunha pá. Outra das actividades que contemplan dentro das xornadas que poñen en valor os bosques foi a ruta de sendeirismo polo río Bardoso e a Berbia. O bo tempo acompañou aos participantes que inciaron a súa andaina na parroquia larachesa de Montemaior. Alí xa poideron percorrer, de muíño en muíño, un tramo do río Bardoso que conserva unha importante variedade de vexetación de ribeira. As especies de folla caduca e peremne máis representativas do clima da zona, deixan unha pegada constante no chan de Montemaior. Para indicios de fauna, os participantes, moitos deles, nenos e nenas, tiveron que facer o interesante esforzo do gran observador, para estudar os sinais de xabarín e de porco teixo que se manifestaban en defecacións, pegadas e incluso bastos pelos de porco bravo. No bosque da Berbia conservase o fento Woodwardia Radicans, declarada como especie vulnerable No bosque da Berbia consérvase o fento "Woodwardia Radicans", declarada como especie vulnerable A quenda da tarde foi parar ao lugar de Entrecruces. O bosque da Berbia vertébrase arredor do rego que leva o nome, tamén cantarín por mor dos saltos de auga que caen do macizo do Monte do Castelo. "A pesares da forte presenza de acacias, o espazo segue a ser espectacular" indican os membros de Senda Nova. As pendentes considerables mantiveron unha importante presenza de carballos, castiñeiros, acivros, loureiros e o Woodwardia Radicans, un fento milenario que resistíu ás glaciacións e que se atopa hoxe en día como especie vulnerable. O fento, que necesita da cobertura arbórea autóctona para sobrevivir, tamén necesita moita humidade, algo que, indubidablemente, atopa na Berbia. A volta polo bosque rematou coa baixada por unha fermosa corredoira antiga nun espectacular día de primavera. Novas relacionadas Fonte

Comentarios