Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carlos Callón presenta o "Libro Negro da lingua galega" en Espiral Maior Foro

O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA. Cartaz en Espiral Maior Carballo
Carlos Callón presenta o "Libro Negro da lingua galega" en Espiral Maior Foro

Hoxe martes, día 12 de xullo, ás 20:30 h., terá lugar na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo) a presentación da obra
“O libro negro da lingua galega”, publicada por Edicións Xerais e da autoría do profesor e escritor Carlos Callón, máis de 760 páxinas de investigación histórica sobre o idioma galego.
Participarán no acto, ademais do propio Carlos Callón, Xosé Cotelo, responsábel da Mesa pola Normalización Lingüística en
Bergantiños, e Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director de Espiral Maior Foro.

“O libro negro da lingua galega” é unha obra na que, por vez primeira nun libro, se recollen e explican testemuños da represión
lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación dun gran número de documentos pouco ou nada coñecidos. Nas páxinas da
obra abórdase, entre diferentes datos e informacións, a crueldade dos castigos nas escolas galegas por falar na “lingua prohibida”,
acreditados desde 1543 até 1980.

Novas relacionadas

Comentarios