Xoves. 24.09.2020
El tiempo

O Casino 1889 lembra a Paco Souto cunha nova presentación de "Lugar de incendios"

O Casino 1889 lembra a Paco Souto cunha nova presentación de "Lugar de incendios"

O Casino1889 de Carballo segue vivo en tempos de crise. E ten xa un pequeno programa para estas fins de semana. Este venres 14 de agosto terá unha cita moi especial. Será unha nova presentación, despois da emocionante cita en Malpica, do libro Lugar de incendios, un libro/cd con poemas e cadros de Paco Souto e música de Serxio Moreira, editado por Caldeirón.

A sesión lembrará ao finado percebeiro e poeta contando con Emma Abella, Eduardo Estévez, Antón Noceda, Rosalía Fernández Rial, Xosé Iglesias e Vítor Lourenzo.

A cita será ás 20:30h, e ten aforo limitado así que hai que reservar entrada en [email protected], co nome e apelidos d*/s asisntente/s.

Máis actividades

Ademais, o vindeiro sábado 22 haberá un Obradoiro de tapiz en macramé impartido por Nuria Varela, de Pachamama e Vivo Macramé. Será de 16:30 a 21:00h e tamén hai que reservar praza.

E xa nos adiantan, que a Asociación O Legado de Max, está a organizar un mercado benéfico para os animais, que terá lugar o sábado 29 e domingo 30, no Casino1889.

Novas relacionadas

comentarios