Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Casino1889 prepara un mercadillo solidario para axudar á protectora O Legado de Max

O Legado de Max no Casino
O Casino1889 prepara un mercadillo solidario para axudar á protectora O Legado de Max

Trala parada estival obrigatoria de todo grupo, o Casino 1889 de Carballo volve á carga cunha actividade solidaria. O espazo acollerá un mercadillo solidario para axudar a protectora de animais o Legado de Max. Ademais de comprar, pódese contribuír tamén traendo comida ou produtos de coidados para os máis de 100 animais que acolle esta pequena protectora.
Unha realidade sobre a que precisamente afondabamos esta semana coas cifras e a nova campaña de promoción da adopción da canceira municipal.

O mercadillo estará aberto o sábado 27/08 de 10:00 a 20:00h e o domingo 28/08 de 10:00 a 15:00h.

A entidade, mentres espera a resolución do xuízo, non para de artellar novos proxectos como o da radio comunitaria que tan boa pinta ten.

Novas relacionadas

Comentarios