Venres. 26.04.2024
El tiempo

“A amizade non se compra”, a campaña carballesa para fomentar a adopción de animais

canceira municipal Carballo
“A amizade non se compra”, a campaña carballesa para fomentar a adopción de animais

O pasado 20 de agosto foi o Día do Can, e por iso o Concello de Carballo quere recuperar unha serie de datos da Canceira Municipal. Un servizo que non teñen a meirande parte dos concellos da comarca, que levan anos adaptándose ás novas normativas, intentando profesionalizar un servizo durante décadas tremendamente precario.

De feito, hai un conflito entre concellos e Xunta polas responsabilidades ante a realidade dos animais abandonados. Quen se ten que facer cargo dos animais que se enganchan a un peregrino en Sarria, e que este ten que abandonar en Cee ou Fisterra porque volve á súa terra? Para Concellos como o de Carballo, tería que se a Xunta o que axude, cando menos, a soster este tipo de canceiras municipais xa que a lei non establece ningunha contraprestación nin apoio ás arcas municipais.
Así, dende a FEGAMP xa solicitaron á Xunta confinanciar o servizo de recollida de animais abandonados, que chega a supoñer a certos concellos, arredor dos 50.000 euros anuais (140.000 no caso carballés).

Adopción

Por Carballo, veñen de lanzar unha campaña de fomento da adopción co lema “A amizade non se compra. Adopta”. Porque hai canciños que levan na Canceira ou no Hotel do Can (unha instalación privada na que hai uns 20 cans máis recollidos polo servizo de lacería) máis dun ano esperando por ser acollido por algunha familia.

Podedes acceder á Canceira municipal os xoves e os sábados en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00.

Máis cifras

Entre os detalles que vén de analizar o Concello carballés, hai unha cifra realmente sorprendente a día de hoxe: Apenas o 16% dos animais acollidos na Canceira Municipal contan co microchip de identificación obrigatorio por lei. Un sistema que leva décadas sendo obrigatorio, que permite saber a familia do can, pero que non acaba de afianzarse.

Facendo reconto dos últimos 10 anos, foron acollidos da canceira carballesa 835 cans e 61 gatos da vía pública, é dicir, 896 animais, dos que foron adoptados 258 (30,89%) e outros 220 (26,34%) foron reclamados polos seus propietarios. Só 134 tiñan chip.

NOVAS RELACIONADAS

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN DE ARGOS E SALVACADELOS

Comentarios